A contaminación obriga a demoler o edificio principal de Farmacia en Santiago

O Consello de Goberno da USC anunciou o xoves a decisión despois de tres anos de peche por reformas, que non deron froito

Un problema de contaminación por hidrocarburos, despois dun vertido que se produciu hai anos, e que chegou a causar problemas de saúde, mantén cerrada desde hai tres anos por reformas o edificio principal da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela, onde se atopan numerosas aulas e parte dos laboratorios. O edificio, construído nos anos 70 na posta en marcha do Campus Vida, acolle unha das titulacións de referencia internacional da institución compostelá, pero o seu deterioro é notable. Este xoves, despois de estudar diversas opcións, o consello de Goberno da USC anunciou que se ía “proceder á demolición da parte afectada do centro”.

A noticia xa fora avanzada esta semana a alumnos e profesores polo decano, Francisco Otero, e o xerente, Xavier Ferreira, segundo recolleu La Voz de Santiago. Con todo, o equipo de goberno sinalou que se ían “esgotar todas as posibilidades de descontaminación, comezando por un método menos agresivo e custoso que os probados ata agora e cuxa viabilidade se coñecería en tres meses”.

Publicidade

O edificio principal de Farmacia, antes das obras. Foto: USC.
O edificio principal de Farmacia, antes das obras. Foto: USC.

En palabras do reitor, Antonio López, dado que o procedemento e resultado da descontaminación non está aínda claro, resultaría “arriscado e custoso” proxectar outro tipo de solución para un asunto que afecta a universidade en xeral e os colectivos de profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado da Facultade de Farmacia en particular.

Por tanto, a USC solicitará nos vindeiros días un proxecto de demolición para o aulario da Facultade –a que coincide co frontal do centro- e así coñecer con exactitude o custo da acción. O proxecto, segundo o equipo de dirección, prevese amortizar en sete anos, tendo en conta o aforro de 250.000 euros anuais para a Universidade que supoñen 5.500 metros cadrados menos de mantemento.

Publicidade

Alén do plan de demolición, encargarase tamén un estudo sobre o estado dos tres edificios restantes que compoñen o conxunto da Facultade, para rehabilitalos e converter un deles (o número 1) nun espazo docente con aulas e laboratorios.

Protesta do alumnado

Coincidindo no mesmo día coa reivindicación da Asemblea de Investigadoras da USC, alumnos e persoal da Facultade de Farmacia organizaron unha protesta ás portas (clausuradas) do centro. “Non coñecemos aos nosos compañeiros”; “Facultade Morta no Campus Vida” ou “Queremos laboratorios, non cloacas” foron algunhas das mensaxes da concentración.

Despois de tres anos de peche, hai estudantes de Farmacia que apenas pisaron a Facultade na que están matriculados. As reformas obrigan a un bo número de mozas e mozos a asistir ás aulas noutros edificios do Campus, alén das malas condicións nas que están algunhas das estancias que seguen en funcionamento.

1 comentario

  1. ¿dos 70s? Pois cando fun a Santiago a finais dos 80s xa asemellaba vello.

    Alguen coñece que é iso da¿ “contaminación por Hidrocarburos”?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos