Neofalantes: o valor dos que se inician no idioma e a importancia das redes sociais

Unha plataforma da USC incentiva o uso económico do galego e abre novos campos para a investigación

A plataforma Neofalantes.gal continuará entre 2024 e 2026 o programa de actuacións para poñer en valor a lingua galega entre as persoas que comezan a falar o dioma través dun proxecto do grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación. 

Así o indicou na presentación este mércores 31 de xullo, do convenio que o fará posible, o reitor da USC, Antonio López, xunto co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude José López Campos, nun acto ao que asistiron tamén o profesor do grupo Novos Medios Xurxo Salgado e o secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Publicidade

A economía arredor do galego

Este convenio permitirá seguir actualizando a web social centrada nos neofalantes para facer do idioma un vehículo de uso económico co mundo lusófono e abrir novos campos para a investigación, o ámbito multimedia e a didáctica sobre o neofalantismo. Nela amósanse as traxectorias vitais, as expectativas e as demandas individuais e sociais das persoas neofalantes, e tamén serve para animar ás novas persoas que comezaron a falar en galego na súa vida cotiá.

O reitor salientou que Neofalantes.gal serve como plataforma “para persoas que empregan outra lingua e que empezan a usar o galego para integrarse máis na nosa cultura”. Pola súa banda, o conselleiro subliñou que as persoas neofalantes poden ser “prescritoras para que a xente poida achegarse á lingua galega”, e nese sentido a web é “unha ventá aberta para achegarse e coñecer mellor a nosa lingua”.

Publicidade

Novas formas de comunicación

O fomento desta canle baséase na importancia actual da comunicación e das redes sociais como Instagram, Facebook ou Whatsapp á hora de interactuar na sociedade, pois facilitan o contacto entre neofalantes de todo o mundo e axudan a fomentar o uso da lingua galega e a xerar negocio arredor desta.

Na actualidade, o portal conta con varias seccións sobre o mundo neofalante, sobre actualidade da lingua galega, investigacións lingüísticas, polémicas en redes relacionadas co galego, unha sección de vídeos e, finalmente, unha de opinión, así como as dedicadas a grupos e persoas inscritas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla