Queres empezar a falar galego? Esta web é a clave

Esta é a primeira fase dun proxecto desenvolvido pola Facultade de Ciencias da Comunicación para valorizar o neofalantismo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaborarán nun proxecto dixital que, apoiándose nas tecnoloxías, busca avanzar no estudo do neofalantismo. Esta iniciativa desenvolverase ao longo de tres anos e consta de tres fases coas que se pretende impulsar e valorizar o neofalantismo e as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía.

O grupo Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación é o responsable deste novo proxecto. Para iso, nunha primeira fase, deseñou o sitio web Neofalantes.gal, un portal de noticias que pretende servir de nexo de unión da comunidade neofalante en galego. “Este proxecto analizará como está a ser o proceso de incorporación do uso do galego por parte das persoas que tiveron o castelán, ou outro idioma, como primeira lingua, e que logo acabaron achegándose ao galego”, explican dende este grupo de investigación da USC.

Publicidade

Tres fases

O portal conta con varias seccións sobre o mundo neofalante, sobre actualidade da lingua galega, investigacións lingüísticas, polémicas en redes relacionadas co galego, unha sección de vídeos e, finalmente, unha de opinión. Ademais contará cunha activa presenza en redes sociais, sobre todo, nas predilectas da mocidade: Instagram e TikTok, aínda que tamén terá canle de Youtube, Facebook e Twitter.

Contará cunha activa presenza en redes sociais, sobre todo Instagram e TikTok

Nunha segunda fase, o grupo traballará na posta en marcha dunha ferramenta tecnolóxica interactiva que funcionará a xeito de rede social entre a comunidade neofalante e favorecerá a creación de comunidades virtuais de todo o mundo que empreguen o galego.

Publicidade

A web servirá tamén como fío de contacto entre distintos sectores que empregan a lingua galega para facer negocio, polo que se creará unha área empresarial específica destinada a conectar a responsables de empresas ou persoas interesadas en crear negocios e a servir de enlace entre estes, en distintos países, especialmente, no mundo lusófono, a través da lingua galega.

Presentación

A proposta inicial inclúe a elaboración dun portal e o aproveitamento de aplicacións sociais para implicar a colectivos que optaron por incorporar a lingua galega nas súas interaccións cotiás. “Por iso, vai destinada sobre todo a un público novo, sen desbotar que hai neofalantes de todas as idades”, engaden. O acto de presentación estivo presidido polo reitor Antonio López e contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; Xosé López, director do Grupo de Novos Medios; e Alba Silva, vicedecana do centro.

O reitor puxo o foco no compromiso que a institución compostelá mantén coa promoción do galego e da lusofonía. Ademais, Antonio López destacou que Novos Medios é un grupo que achega dúas décadas de experiencia na investigación sobre as novas ferramentas da comunicación. Nesta mesma liña pronunciouse o decano do centro ao subliñar que Ciencias da Comunicación constitúe unha Facultade de referencia na docencia en galego e que este tipo de proxectos eríxense nun avance para o idioma.

Situar no ecosistema lingüístico os e as neofalantes é a vontade deste proxecto, tal e como explicou o catedrático da USC, Xosé López. Finalmente, o secretario xeral de Política Lingüística quixo destacar que este tipo de iniciativas contribúen a que as persoas rompan co pudor, os prexuízos e os atrancos sociais á hora de botar man da lingua galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía