Nace a Declaración de Compostela, o compromiso cunha ciencia útil e responsable

A iniciativa xorde dos tres centros galegos interuniversitarios e aspira a chegar a todo o ecosistema investigador

Facer da ciencia unha ferramenta útil para a sociedade e comprometida cos seus valores. Ese é o obxectivo da Declaración de Compostela, que aspira a reunir a todo o ecosistema investigador galego para poñer a ciencia e o coñecemento ao servizo da sociedade.

A iniciativa xorde dos tres centros galegos de investigación interuniversitarios: o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), o Centro de Investigación y Tecnología Matemática de Galicia (CITMAga) e o Centro de Investigación Interuniversitario en Economía y Empresa para la Sociedad (ECOBAS).

Publicidade

Os tres veñen de asinar a que bautizaron como Declaración de Compostela ‘Da ciencia con ciencia’, un manifesto para construír “un ecosistema científico colaborativo baseado na excelencia e utilidade social, cun enfoque aberto”.

Os impulsores desta iniciativa queren reunir a máis centros de investigación galegos en torno ao compromiso coa “ciencia aberta”, é dicir, a “construción dunha nova ciencia cidadá e cun modelo de formación académica en proceso de transformación”.

Publicidade

A preocupación ante un contexto global de crise ecolóxica, cambio climático e o desafío do emprego masivo da intelixencia artificial motivou a estes tres centros, logo da celebración da I Xornada dos Centros de Investigación Interuniversitarios de Galicia, a promover que a ciencia ofreza respostas a estes retos “cun enfoque interdisciplinario”.

“Conscientes de que non están cambiando os tempos senón que estamos cambiando de Tempo, o incremento de coñecemento xa non é un obxectivo“, proclama o manifesto, que CISPAC, CITMAga e ECOBAS aspiran a mellorar cas achegas que vaian xurdindo no proceso de adhesión de novos membros.

Deste xeito, invitan a todo o ecosistema de xeración de coñecemento a Galicia a unirse para procurar solucións aos problemas das sociedades con “métodos transversais” e “interdisciplinarios”. Todo sen perder a referencia da contorna como “punto de partida” para a investigación e subliñando a comunicación como ferramenta clave para fomentar o diálogo ca sociedade e o propio mundo científico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais