Esta aplicación de IA axudarache a mellorar o teu galego

LanguageTool é unha ferramenta de código aberto que garante a produción de textos máis naturais e mellor escritos

O xurdimento das intelixencias artificiais está a provocar moitos cambios e polémicas na vida da xente. Porén, entre todas esas controversias atópanse aplicacións que realmente poden axudar. Neste caso, falamos de LanguageTool, unha ferramenta gratuíta creada no ano 2003 e que agora inclúe sistemas con intelixencia artificial e que permite a corrección en galego.

A aplicación permite a súa inclusión como extensión para Google Chrome. Isto fai que poida analizar o que escribes nas webs e para corrixilo se cometes algún erro. Tamén permite a súa integración con procesadores de texto como LibreOffice e Microsoft Word ou con outros navegadores coma Firefox. O seu funcionamento baséase na análise de patróns lingüísticos, sobre os que se crean e refinan regras que son rigorosamente probadas antes da corrección.

Publicidade

Ata 31 idiomas distintos

Un gran punto forte desta ferramenta é que utiliza un sistema libre e de código aberto. Isto permite a colaboración de voluntarios, e fai que a aplicación permita o seu uso en 31 idiomas, incluído o galego. A diferenza doutros correctores, LanguageTool comprende mellor as estruturas das oracións e suxíreche os cambios explicándoche o motivo destes, destacando posibles erros estilísticos. É dicir, non só é útil, senón que permite aprender mellor.

LanguageTool creouse en 2003 polo programador Daniel Naber mentres facía a súa tese doutoral. 22 anos despois, a aplicación mellorou de forma significativa e agora inclúe novos sistemas de intelixencia artificial e sistemas de suxestións a partir do que se chaman “redes neuronais artificiais”. O proxecto continúa en constante desenvolvemento, incorporando novas melloras grazas á súa comunidade.

Publicidade

O avance neste tipo de aplicacións permite que escribir en galego sexa máis accesible e sinxelo ca nunca. Tamén é unha mostra de como as novas tecnoloxías, ben usadas, poden prestar un servizo público.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma