Investigadores galegos apostan pola intelixencia artificial para anticipar inundacións

Un equipo de investigación do CITEEC lidera esta proposta, que combina tecnoloxía avanzada e modelos físicos para mellorar os Sistemas de Alerta Temperá

A Universidade da Coruña puxo en marcha recentemente un proxecto de investigación que espera mellorar as previsións de precipitacións mediante o uso de algoritmos de aprendizaxe automático supervisado. Trátase do proxecto “Mellora das previsións xeradas con modelos de base física mediante técnicas de intelixencia artificial”, no que traballan investigadores do Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA).

A investigación, financiada a través dos Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023, terá unha duración de 3 anos e busca que os Sistemas de Alerta Temperá sexan máis fiables e eficientes. Estes sistemas resultan fundamentais para minimizar perdas humanas e económicas, ao anticipar a intensidade das precipitacións e o risco de inundacións.

Publicidade

En concreto, a proposta céntrase en tres aspectos clave da hidroloxía. Por unha banda, analiza como mellorar os modelos meteorolóxicos actuais para a predición de precipitacións mediante algoritmos de aprendizaxe automático. Ademais, procura optimizar os modelos hidrolóxicos utilizados para calcular caudais e, finalmente, incrementar a fiabilidade dos modelos hidráulicos bidimensionais empregados na predición de inundacións urbanas mediante técnicas de modelización subrogada con Intelixencia Artificial.

O proxecto desenvólvese no Centro Tecnolóxico en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña baixo a coordinación de Luis Cea Gómez e Jerónimo Puertas Agudo como investigadores principais. O equipo de traballo complétano investigadores da propia universidade, como Esteban Sañudo, Carlos Montalvo e Juan Farfán, ademais de Ignacio Fraga, en representación do Instituto Español de Oceanografía.

Publicidade

Proxectos de Xeración de Coñecemento

Ademais deste proxecto, o grupo GEAMA está a desenvolver outra investigación financiada polo Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco dos Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023, onde a IA volver gañar protagonismo.

Trátase da investigación “Portos seguros e eficientes: xestión integral do risco operacional mediante monitorización, técnicas avanzadas e Machine Learning. Aplicación na Coruña, Ferrol e Malpica”, liderada por Enrique Peña González e Juan R. Rabuñal Dopico.

O proxecto propón un estudo integral para mellorar a seguridade e eficiencia portuaria usando intelixencia artificial e novas técnicas de análise, centrado en portos galegos como A Coruña, Ferrol e Malpica, con metodoloxías innovadoras aplicables a nivel nacional e internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto da UDC propón un kit impreso en 3D para previr lesións asociadas ao uso do teclado e do rato

Doralys Torriente Aguilar deseñou unha solución ergonómica para exercitar e fortalecer as mans, os pulsos e os antebrazos mediante seis exercicios

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

A propulsión nuclear, a exame como alternativa para descarbonizar o transporte marítimo

Unha investigación do CITENI analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para a súa posible aplicación nos buques do futuro

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos