Venres 11 Outubro 2024

A UVigo organiza un encontro da OTAN e a Dirección General de Armamento

Na xuntanza serán presentados dous novos sistemas de medida de firmas radar (DIAR) e infravermella (DIFI)

A Escola Naval Militar de Marín acollerá esta semana a 5ª xuntanza do equipo técnico da Science and Technology Organization da OTAN, un organismo que estuda os beneficios da xestión da firma radar dos buques. A cita está organizada polo Centro de Medidas Electromagnéticas (Cemedem), situado na Escola Naval Militar, e pola Universidade de Vigo e contará coa asistencia de 30 persoas en representación de sete países da OTAN.

Na xuntanza presentaranse as capacidades dos dous novos sistemas de medida de firmas radar (DIAR) e infravermella (DIFI), financiados pola Dirección General de Armamento (DGAM) e desenvoltos pola Universidade de Vigo, que serán entregados ao Cemedem antes de finais deste ano.

Publicidade

A Science and Technology Organization é a principal organización de investigación en ciencia e tecnoloxía da OTAN e o seu obxectivo é satisfacer as necesidades colectivas da OTAN e das nacións neste campo. O traballo científico e tecnolóxico da STO é levado a cabo polos equipos técnicos, formados por expertos dos diferentes países da OTAN.

Trátase de grupos temporais que se establecen dentro das áreas tecnolóxicas da STO para a realización de actividades específicas, que poden abarcar dende a realización de estudos sobre temas científicos, tecnolóxicos ou operativos ata a organización de eventos como simposios, conferencias e obradoiros, pasando pola realización de demostracións e experimentos tecnolóxicos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O que se sabe das zonas con maior incidencia da Covid-19 en Galicia

A orde coas novas restricións deste mércores e a información transmitida por Sanidade expón a situación nas zonas con risco de transmisión

Silleda e Marín entran nas áreas de restricións pola Covid-19, das que sae Bergantiños

A Xunta de Galicia mantén as medidas nunha decena de municipios, ademais dalgúns barrios da Coruña, despois de revisar a situación epidemiolóxica

Aparece morta unha balea de 20 metros e 30 toneladas en Bueu

A CEMMA estudou o animal, que levaba entre 5 e 7 días morto, e viu que tiña a columna totalmente fracturada por unha posible colisión

Defensa desclasifica documentos dos avistamentos OVNI en Galicia

Nos expedentes destaca un 'obxecto azulado' en Ferrol e un obús cunha 'luz fantástica' en Becerreá