O mapa da enerxía fotovoltaica de Galicia: cantas instalacións ten o teu concello?

A comunidade conta con 704 fontes de enerxía solar, das que Lugo concentra 308, liderando o despregamento fronte ás outras provincias

A Rede Eléctrica de España (REE) publica anualmente unha análise sobre o sistema eléctrico de Galicia. No informe de 2024 sinalan que a xeración de enerxía renovable aumentou un 8% respecto a 2023. Nunha minoría que xera o 3% da electricidade atópase a solar fotovoltaica, que produce enerxía por radiación solar. A REE informa de que este tipo de renovable é a tecnoloxía que máis rápido medra en número de conexións. Ante o interese nace SolData Spain, un novo xeoportal do Departamento Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) elaborado polo investigador Ibai de Juan para radiografar a enerxía fotovoltaica por concello a través de datos abertos, dende 1996 a 2024.

O mapa que representa o número de instalacións fotovoltaicas amosa a Galicia como unha das comunidades con menor volume de infraestrutura. Así, das 62.839 instalacións que se rexistraron en España en 2024, 704 están en territorio galego, o que representa só un 1,12%. Lugo convértese na provincia con máis fotovoltaicas instaladas, con 308. A continuación, Pontevedra con 178, Ourense con 111 e A Coruña con 107. Aínda así, é Sanxenxo o concello que conta con máis placas, cun total de 41, unha cifra que se mantén dende 2012. Con todo, 148 concellos aínda non contan cunha fotovoltaica: é o exemplo de Cee, Caldas de Reis, Avión ou A Fonsagrada.

Publicidade

Ibai de Juan diferenza tres tipos de instalacións: as existentes, xa están construídas, conectadas e vendendo enerxía ao sistema eléctrico; as que están en desenvolvemento cun DIA favorable, é dicir, con permiso ambiental pero aínda non producen; e as de autoconsumo, que a diferenza das existentes o obxectivo non é crear unha central eléctrica, senón aforrar na factura. Centrarémonos nas instalacións que se atopan no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica (RAIPE).

Os enclaves da fotovoltaica galega

A liña temporal revela que a enerxía solar fotovoltaica apareceu en Galicia por primeira vez en 2002 en tres concellos: Oleiros, Coristanco e Sanxenxo. Dous dos pioneiros localízanse na Coruña, actualmente a provincia con menos infraestrutura.

Publicidade

O mapa sinala 16 puntos relevantes na comunidade que contan con entre 10 e 50 instalacións fotovoltaicas. Dez deles están en Lugo: Lugo (26 instalacións fotovoltaicas), Vilalba (25), O Saviñao (23), Monforte de Lemos (22), Paradela (20), Guntín (20), Bóveda (19), Pol (15), Taboada (13), Pantón (12) e Cospeito (11). O caso de Monforte, Bóveda e O Saviñao son especialmente reseñables, cun crecemento exponencial a partir do ano 2008. Un dos motivos pode ser o Real Decreto 661/2007, polo que o Goberno ofrecía subvencións para fomentar a enerxía solar. Cobrar a cifra máis alta só era posible para aquelas plantas que estivesen conectadas e producindo antes do 30 de setembro de 2008.

Mentres, na provincia de Pontevedra destaca Sanxenxo coas súas 41 instalacións, Vigo con 18, e Pontevedra e Cambados con 10. Ourense e A Coruña, non obstante, contan con dúas cidades modelo da fotovoltaica: Santiago de Compostela (13) e San Cibrao das Viñas (11).


Podes consultar o xeoportal SolData Spain na seguinte ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Soutar, apañar ou rebuscar: as máis de 40 formas lingüísticas de recoller castañas en galego

O Atlas Lingüístico Galego recolle 47 palabras e expresións para nomear a tarefa, con variantes que reflicten a diversidade léxica do idioma

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves