O Cumio do Clima finaliza con escasos avances e grandes controversias

A vixésimo sétima conferencia acadou progresos na xustiza climátimica pero paralizou a loita por reducir emisións e o aumento máximo das temperaturas de 1,5℃

Foto: UNclimatechange / Flikr, CC BY-NC

*Un artigo de

O balance global da COP27, celebrada en Sharm el Sheikh (Exipto), é decepcionante. Os logros do vixésimo sétimo Cumio do Clima non están equilibrados. Fíxose pública a proposta final de decisións e, a pesar do estilo administrativo e non sempre directo e claro, pode leerse en varios dos puntos palabras como “preocupación” e “non se alcanzan obxectivos”.

Cun sinxelo e directo discurso de clausura, o neerlandés Frans Timmermans, vicepresidente primeiro da Comisión Europea, tras recordar que “os amigos só o son se poden dicirse cousas que non son agradables de oír”, insistiu en seguir traballando unha vez visto o escaso avance. Ao igual que todos os anos, puxo a vista na siguinte COP.

A gran distancia entre onde estamos e onde deberíamos estar

As reaccións non se fixeron esperar. A distancia entre onde debemos estar e onde estamos en materia de emisións de gases de efecto invernadeiro, dereitos humanos e equilibrios xeopolíticos é máis grande ca nunca. Cando máis accións e compromisos se precisan para atallar a crise climática, só se escoitan promesas e plans futuros, obxectivos sen axendas concretas e presións para que apenas nada cambie e, sen embargo, que cambie o mínimo necesario que poida dar a impresión de que os máis de 40.000 participantes na 27 conferencia das partes non se reuniron en Exipto para nada.

A edición do Cumio do Clima deste ano foi incapaz de abordar causas e solucións, ao igual que a maioría das conferencias antecesoras. A diferenza radica en que, cada ano, o abismo entre onde habería que estar e onde estamos convértese en máis perigoso. Non obstante, recádanse sete cousas que si se lograron ou que si abren esperanzas, fronte a oito cousas que explican o sentimento xeral de desilusión e preocupación. Concretamente, un tipo de sentimento que todo o activismo e todo o debate social, que tivo lugar as semanas anteriores, quería evitar.

Sete puntos positivos que fomentan a esperanza

  • 1. Nova ola xeopolítica

Cumio do Clima aclara a complexidade da xeopolítica e as dificultades para lograr a transición global cara unha descarbonizacón da economía. Avanzouse na comprensión do problema e por onde deben ir las solucións, pero os líderes mundiais deben desprazarse das tensións e aproveitar os novos acontecementos xeopolíticos positivos, como o regreso de Brasil á escena mundial e a aproximación climática entre Estados Unidos e China. Por exemplo, aínda que Lula non estrá á fronte do cargo ata o 1 de xaneiro de 2023, presentou a súa visión para a Amazonía, posto que quere volver a colocar a Brasil no centro da xeopolítica internacional. 

  • 2. Axenda de Bridgetown e sistema financeiro

reforma do sistema financeiro internacional, para facelo máis xusto e axeitado ao seu fin, cobrou impulso e recoñecemento. A Axenda de Bridgetown presentouse xunto á axenda de traballo proposta de aquí ás reunións de primavera do Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional. París acollerá un cumio sobre este tema en xuño de 2023 para resolver o vacío que quedou nesta COP e traballar nunha reforma estrutural do sistema financeiro global. 

  • 3. Acabar co lavado verde (greenwashing)

As empresas terán que responder ás novas normas das Nacións Unidas e garantizar que os seus plans diminúen as emisións se queren ser unha parte convincente da resposta global ao cambio climático. O Secretario Xeral da ONU, Antonio Guterres, manifestou que habería “tolerancia cero para o lavado verde neto”. Convocouse un novo grupo de traballo para avanzar na regulación dos compromisos das empresas co cero neto de emisións nos países do mundo.

  • 4. Impulso renovable

Leváronse a cabo acordos sobre enerxías limpas, con avances cuantificables. As enerxías renovables son máis baratas que as fósiles en dous terzos do mundo, incluíndo economías emerxentes como Brasil, Argentina, Colombia, Chile, Perú, Sudáfrica, Kenia, India, Tailandia, Vietnam e Filipinas. A inversión na transición aumentou un 25%, ata superar os 708.000 millóns de dólares, a pesar da crise económica, incluíndo un impulso masivo ao transporte eléctrico.

  • 5. Transición del carbón

Logrouse pechar un acordo de 20.000 millóns de dólares para a transición do carbón en Indonesia, e prevense acordos similares para Vietnam e, potencialmente, Senegal. Os avances JET-P (Just Energy Transition Partnership) básanse no acordo de 8.500 millóns de dólares alcanzado con Sudáfrica na COP26. Estas estratexias equiparadas poderían ser importantes para acelerar a transición enerxética mundial.

  • 6. Próxima parada: a natureza

O vindeiro mes en Montreal, na COP15 do Convenio sobre a Biodiversidade, os líderes mundiais reuniranse para establecer un acordo global para a natureza. O obxectivo de non sobrepasar 1,5℃ e a defensa contra os fenómenos meteorolóxicos pode acadarse sempre e cando se protexa á natureza. Por esta razón, o CDB é unha oportunidade para corrixir algúns dos erros da COP27, proporcionando obxectivos, calendarios e financiación necesarios para reparar certas cuestións.

  • 7. Litixios

Os riscos de litixio están aumentando para os gobernos e as empresas que non cumpren co Acordo de París. Máis de 2.000 casos climáticos xa forxaron un precedente legal. Os asuntos en curso abarcan cuestións como os obxectivos climáticos ineficientes, a contaminación ambiental, as violacións dos dereitos humanos e o lavado verde, entre outros, o que evidencia que a acción climática é un deber legal, non unha opción voluntaria.

Oito problemas que revelan escasos progresos

  • 1. Apoio para hacer fronte a perdas e danos

Centrarse nos síntomas do cambio climático, reflicte a incapacidade para facer fronte á realidade de dependencia, nun 80%, dos combustibles fósiles. En lugar de ocuparse de que non ocorran danos e perdas, estase investigando sobre cómo compensar aos que os sofren. Ademais, os países ricos aínda non entregaron os 100.000 millóns de dólares anuais que prometeron anos atrás e tampouco hai claridade nos termos dos acordos de financiación. En último momento, lográronse algúns acordos incompletos ao respecto.

reevaluación dos países que pagan e os que reciben é unha cuestión importante que quedará relegada para o vindeiro ano. A falta dunha fonte de financiación inmediata, as promesas de perdas e danos destináronse, principalmente, ao Escudo Global e aos sistemas de alerta temperá da ONU, con algúns compromisos para a Rede de Santiago e proxectos específicos para cada país. Fixéronse novas promesas de contribucións de 340 millóns de euros para perdas e danos

  • 2. Implementación?

O máis decepcionante é a implementación do que o G20, neses días da COP27, acordou: “Aumentar urxentemente a ambición de mitigación e adaptación”, centrándose tamén na financiación de perdas e danos. A falta de concreción indica que os países desenvolvidos seguen sen aceptar que as crises xeopolíticas, enerxéticas e económicas son razóns para acelerar a acción, non para romper as promesas unha e outra vez.

  • 3. Combustibles fósiles e natureza

O acordo alcanzado en Sharm el Sheikh non abordou as causas dos impactos do cambio climático: o uso de combustibles fósiles e a destrución da natureza. Os países non chegaron a un acordo para a eliminación progresiva dos combustibles fósiles, basándose no chamamento á eliminación progresiva do carbón realizado na COP26 de Glasgow. Isto non foi logrado porque o tema non se abordou, así como tampouco estivo presente a cuestión dos subsidios aos combustibles fósiles por parte dos Estados.

  • 4. É 1,5℃ aínda un obxectivo ao noso alcance?

A incapacidade para avanzar en materia de emisións produciuse a pesar de que o mundo experimentou impactos climáticos que alteran a política, a economía e as tensións entre países. Nas decisións finais da COP27 fíxose referencia ao escenario de 1,5 planteado na COP 21 de París, pero limítase a recoñecer o obxectivo. Non se mencionan as vías nin os plans para alcanzalo, e tampouco houbo líderes que rompesen coa industria dos combustibles fósiles.

  • 5. Quen paga e quen recibe?

India e China convertéronse nas maiores economías do mundo dende que se estableceu a definición de países “desenvolvidos” e “en desenvolvemento” en 1992. A UE e Estados Unidos queren que se reflexen as circunstancias actuais. China e a Liga dos Estados Árabes, produtores de petróleo, queren que se teña en conta o equilibrio histórico, o que propicia un círculo vicioso que bloquea os acordos pero que terá que cadrarse nos vindeiros anos. 

  • 6. O cambio de rumbo que aínda non chega a África

Pensouse que esta sería a COP africana, pero non se xerou moita financiación nova para os países vulnerables, independentemente de ser africanos ou non, xa que se instou aos países a aumentar a financiación da adaptación, pero sen concretar.

  • 7. Dereitos humanos

A Presidencia da COP 27 estivo baixo presión durante toda a reunión polo seu enfoque dos dereitos humanos. Insistiuse na conexión entre o espazo cívico e a acción climática. É evidente que a loita polo aumento da liberdade en Exipto, como en tantos outros países, continuará moito despois da fin desta reunión.

  • 8. Grupos de presión dos combustibles fósiles

Os 636 grupos de presión dos combustibles fósiles e os directores xerais de BP, Shell, Total e Occidental que recorreron os pasillos ansiosos de amosar as súas credenciais ecolóxicas estaban ahí por unha razón: a transición enerxética ten un impulso imparable e representa unha clara ameaza para os seus negocios. É probable que o vindeiro ano a industriae os seus patrocinadores estatais sigan afirmando a súa influencia no proceso. A desinformación seguirá sendo unha ferramenta clave nas súas operacións de presión. Neste sentido, non deberíamos deixar que ocorra.


Fernando Valladares, profesor de Investigación no Departamento de Bioxeografía e Cambio Global, Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC)

Cláusula de Divulgación: Fernando Valladares non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declarou carecer de vínculos relevantes máis aló do cargo académico citado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.