Onde estaba a túa cidade hai millóns de anos? Descúbreo neste mapa de Panxea

Unha ferrmenta da Universidade de Utretch permite rastrexar o desprazamento das placas tectónicas ao longo do tempo

Algunha vez te preguntaches onde estaba a túa cidade hai millóns de anos? Esta incógnita ten unha resposta accesible grazas á paleolatitude, un método que permite determinar a posición dun lugar no pasado en relación cos polos magnéticos da Terra nese mesmo período. Neste contexto, desde a Universidade de Utrecht desenvolveron a ferramenta Paleolatitude.org, que ofrece aos usuarios a posibilidade de introducir as coordenadas da súa localización actual e descubrir en que punto se atopaba durante a época de Panxea.

Por exemplo, o concello de Baiona (Pontevedra) situábase na placa do norte de Iberia. A latitude estimada para o período de Panxea é de 32,28939°, o que indica que esta área estaba moito máis próxima ao ecuador do que está na actualidade. Este valor corresponde ao Xurásico Medio. Máis tarde, durante o Mioceno, a latitude xa ascendía a 35,91139°, reflectindo o seu progresivo desprazamento cara ao norte e a aproximación á súa posición actual.

Publicidade

O funcionamento do mapa é sinxelo: en primeiro lugar, cómpre escoller unha localización, ben facendo clic en calquera punto do mapa mundial, ben introducindo unha posición concreta. A continuación, pódese observar como foi variando a súa latitude ao longo das diferentes épocas xeolóxicas. Ademais, a ferramenta permite comparar a evolución de ata 20 localizacións de maneira simultánea.

O equipo responsable desta aplicación ten como obxectivo manter o sitio actualizado cos últimos avances en reconstrucións cinemáticas de placas tectónicas e marcos de referencia paleomagnéticos.

Publicidade


Podes acceder a Paleolatitude.org na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía