O noso estado de ánimo inflúe no sabor dos alimentos que comemos

Un estudo da Universidade de Granada e a Pontificia Universidade Católica de Arxentina desvela que o estado psicolóxico modifica o sabor dos alimentos que comemos. Os resultados do traballo publicáronse na revista Food Quality and Preference. Os autores demostraron que, fronte á estabilidade que se lle presupón ás preferencias alimentarias adquiridas, as respostas afectivas e o valor de recompensa de alimentos como o café, o chocolate, a cervexa ou o zume de pomelo parecen sufrir variacións en función, por exemplo, de se nos sentimos tensos, temos fame ou estamos preocupados polo noso peso.

O estudo indica, por exemplo, que naquelas persoas que consomen habitualmente alimentos amargos, a tensión reduce a aversión ao sabor amargo do café, mentres que o chocolate produce un maior rexeitamento tras incrementar a preocupación polo peso corporal. No traballo participaron 59 adultos que foron divididos en dous grupos: aqueles que consumían produtos amargos habitualmente e os que non.

Publicidade

Todos eles tiveron que saborear mostras de alimentos amargos baixo diferentes estados motivacionais que os investigadores lles induciran mediante imaxes. Durante a proba, ademais, empregáronse índices afectivos derivados da análise de expresións faciais e indicadores do desexo de consumir a partir de respostas de aproximación/evitación.

Como explica David García-Burgos, investigador do grupo de Neuroplasticidad y Aprendizaje da UGR e director do estudo, “estes achados revelan por primeira vez non só a implicación dos compoñentes afectivos-gustativos na superación do rexeitamento innato ao sabor amargo, senón tamén como os nosos estados psicolóxicos repercuten no sabor da comida que inxerimos”.

Publicidade

Dado que a modulación do valor de recompensa do sabor dos alimentos dependendo do ánimo é unha vía importante na regulación da conduta alimentaria, “este traballo supón un paso máis na comprensión dos mecanismos implicados na selección de produtos amargos”, sinala o autor.

Ademais, engade, estes resultados “son especialmente importantes na medida en que as preferencias e consumo de alimentos amargos, como verduras e froitas, promóvense como unha estratexia para facer fronte á epidemia da obesidade e promover as dietas saudables“.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Da diabetes a novos biomarcadores: así serán os temas do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición en Santiago

O IDIS participa cunha investigación sobre a obesidade e as súas complicacións metabólicas e unha análise comparativa do risco nutricional hospitalario, entre outras achegas

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía