A axencia espacial estadounidense NASA ofrece ao público a oportunidade de engadir o teu nome e apelido a un microprocesador que o seu robot Mars 2020 levará a Marte “nun paso inicial da primeira viaxe da humanidade a outro planeta”.
Mars 2020, un trebello que pesa unha tonelada, será lanzado a comezos de xullo e espérase que descenda en febreiro de 2021 sobre o planeta vermello, onde buscará sinais de vida microbiana, estudará o clima e a xeoloxía e recollerá mostras que algún día serán traídas á Terra.
A NASA ofrece un boleto de viaxe simbólico a quen desexe enviar o seu nome nun microprocesador ata o planeta a uns 54,6 millóns de quilómetros da Terra.
Esta “pasaxe” a Marte pode obterse na páxina web da NASA e ata este mércores tiña 721.767 nomes.
Os participantes que abran unha conta recibirán un “boleto” e puntos como “viaxeiros frecuentes”. A NASA indicou que máis dous millóns de nomes xa foron na misión InSight que aterrou en Marte en novembro pasado, e cada participante recibiu puntos por case 500 millóns de quilómetros de “voo”.
O boleto a Marte que levará o teu nome.
O Laboratorio de Microdispositivos, no Laboratorio de Propulsión da NASA en Pasadena, California, gravará cun feixe de electróns os nomes nun microprocesador de silicona con textos máis pequenos que unha milésima do grosor dun cabelo humano. Para ser precisos, indicou a axencia, iso equivale a 75 nanometros. “Con ese tamaño poden escribirse máis dun millón de nomes nun só procesador do tamaño dunha moeda de 10 centavos de dólar”, engadiu o anuncio da NASA. “O microprocesador irá co robot baixo unha cuberta de vidro”.
Pasaron máis de seis décadas desde que o primeiro artefacto humano completou unha órbita arredor da Terra, e a NASA realiza esforzos permanentes para manter o interese do público na exploración espacial. Desde que o artefacto Mars Polar Lander foi lanzado en xaneiro de 1999, a NASA expandiu a súa exploración do planeta nunha campaña de preparación para o envío de humanos ao planeta vermello.