O corpo dunha das vítimas da traxedia de Pompeia.

A data da catástrofe de Pompeia estaba equivocada

Haberá que reescribir os libros de historia. Porque semella que está trabucada a data da destrución de Pompeia, que aconteceu nalgún momento despois do 17 de outubro de 79 d.C. e non, como se pensou anteriormente, o 24 de agosto.

A clave desta nova datación está no descubrimento dunha mensaxe escrita nun dos edificios da cidade antiga, que se refire ao “día 16 antes das calendas de novembro“, ou, como se coñece máis comunmente, o día 17 de outubro.

Tendo en conta que é difícil escribir nunha parede despois de que sexa arrasada baixo a cinza do Vesuvio, debemos poñer en dúbida a precisión do 24 de agosto, a data en que a maioría dos historiadores daban por boa ata agora.

Esa data baseouse nos mellores achados arqueolóxicos e escritos contemporáneos da época, incluída unha coñecida carta do avogado e autor romano Plinio o Mozo, quen escribiu tras presenciar o evento desde o outro lado da Baía de Nápoles. “Hoxe, con moita humildade, quizais reescribamos os libros de historia porque datamos a erupción ata a segunda metade de outubro”, dixo o ministro de cultura de Italia, Alberto Bonisoli.

De feito, a pesar de que Plinio o Mozo mencionou o 24 de agosto como a data da principal erupción do Vesuvio na súa carta, os historiadores nunca puideron datar con precisión o desastre resultante de Pompeia. Sempre houbo dúbidas respecto diso, entre outras cousas porque as cartas de Plinio o Mozo se escribiron décadas despois do evento.

Cabalo atopado en Pompeia.
Cabalo atopado en Pompeia.

As froitas calcificadas aparecidas nas pólas das árbores xa fixeran dubidar a moitos historiadores, porque no deberían estar aí nun momento tan temperá do ano. Tamén se atoparon braseiros nas ruínas, o que suxire unha data máis próxima ao inverno. A nova mensaxe axuda a reducir a data real.

Grazas ás últimas escavacións a gran escala no sur de Italia, o texto foi descuberto nunha parede branca lisa, nunha casa que aparentemente estaba a ser renovada cando explotou o Vesuvio. “Sendo carbón, fráxil e evanescente, que non podería durar moito tempo, é moi probable que se escribiu en outubro de 79”, dixo á prensa o xefe do sitio de Pompeia, Massimo Osanna.

Osanna di que a data correcta pode ser, de feito, o 24 de outubro, pero é difícil reducila a un día en particular. Os arqueólogos continúan descubrindo artefactos fascinantes de Pompeia, mesmo case 2,000 anos despois de que a cidade foi enterrada en varios metros de cinza e pedra pómez do Vesuvio. A principios deste ano, os restos dun cabalo foron atopados enterrados.

Para comprender a magnitude do desastre, podemos facer unha visita virtual en 3D de Pompeia, creada polos investigadores fai un par de anos. Debido ás propiedades de conservación da cinza volcánica, sabemos moito sobre Pompeia e os eventos que se desenvolveron nunha traxedia que se cobrou a vida de máis de 1,000 residentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.