Cal é o nome máis común no teu concello? Compróbao neste mapa

Manuel e María son os máis frecuentes no conxunto de Galicia e nas catro provincias, seguidos de José e María del Carmen

Hai 36.711 persoas que se chaman María en Galicia, cunha idade media de 57,4 anos. E outras 65.083 levan o de Manuel, cunha media de 62,2 anos. Eses son os dous nomes máis comúns en Galicia. E si, é probable que tamén o sexan no teu concello. Para axudarche a averiguar cal é o patronímico máis común no teu municipio, elaboramos dous mapas cos datos de 2023 —últimos dispoñibles— do Instituto Galego de Estatística (INE). O correspondente aos nomes femininos e máis heteroxéneo que o dos masculinos.

En la relación aos de muller, o nome máis frecuente en Galicia é María, seguida de María del Carmen (29.015), Carmen (26.948), María Carmen (18.710) e Ana María (16.476). As posicións non varían entre provincias, dado que María é o nome máis común na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. As variacións no mapa débense, sobre todo, ás diferentes formas de escribir un mesmo nome. Así, hai máis María del Carmen rexistradas, pero tamén María Carmen, M. Carmen e M. del Carmen.

Publicidade

Ademais, danse casos en varios concellos —máis frecuente en mulleres que en homes— nos que hai dous nomes, e ata tres, co mesmo número de persoas. En Fornelos de Montes, por exemplo, hai 30 persoas que se chaman María del Carmen e outras 30, María. No Bolo hai 12 mulleres que levan o nome de Manuela e outras 12 o de Dolores. Ou en Maside, con 32 Rosa e outras 32 Carmen.

Hai outros casos de concellos que difiren da maioría, con nomes que, aínda sendo comúns, non ostentan o podio galego. É o caso de Láncara, cunha maioría de mulleres chamadas Pilar. En Larouco, Isabel. Ou en Paradela, Sara. Salienta o caso de Negueira de Muñiz, onde o IGE non facilita ningún nome de muller. Débese a que só mostran aqueles que teñen unha frecuencia superior aos cinco habitantes.

Publicidade

En relación aos nomes masculinos hai un claro gañador: Manuel. Ests seguido, de lonxe, por José. Salientan os patróns que se debuxan no mapa, cun predominio incuestionable do primeiro nome nas provincias da Coruña e Pontevedra, mentres que o norte de Lugo é case exclusivo —agás a Mariña— de José. Os outros patronímicos que aparecen no mapa con Antonio, José Manuel e un único caso de José Ramón no municipio lugués de Alfoz. En Larouco, como acontece noutras localidades cos nomes femininos, Manuel e José ostentan un podio compartido.

E ti? Tes algún dos nomes máis comúns de Galicia? Coinciden co máis frecuente no teu concello?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía