O ‘youtuber’ galego Wismichu denuncia a caída dos seus ingresos en Youtube

É posible vivir de ser ‘youtuber‘? Segundo algúns medios, estes creadores da canle de mundial de vídeos gañan auténticas fortunas cada vez que suben unha nova gravación, vistas por millóns de persoas. Pero a realidade semella ser outra. Porque Wismichu, identidade dixital do galego Ismael Prego (A Coruña, 1993) vén de publicar canto cobra por un vídeo: uns 90 euros por unha peza que supera os dous millóns de reproducións.

Nunha serie de mensaxes en Twitter, Wismichu lamenta que os ingresos que percibe de Youtube a cambio de visualizacións reducíronse nos últimos tempos ata menos do 10 por cento. Ata hai pouco, un vídeo con 2 millóns de visitas podía reportarlle máis de mil euros, cifra que agora baixa ata os 100 dólares. “Depende do mes, pero con 2 millóns adoitaba rondar os 1.000 pavos“, quéixase o youtuber galego, un dos máis seguidos.

Publicidade

A clave deste descenso nos ingresos dos ‘youtubers‘ podería atoparse nun cambio no algoritmo de Youtube, que penaliza aqueles audiosivuais que empregan o que consideran unha linguaxe inapropiada. De feito, a canle pertencente a Google comezou a limitar as alertas para algúns contidos dos máis coñecidos ‘youtubers’, o que provocou tamén queixas doutro creador: El Rubius.

Os principais ingresos dos ‘youtubers’ están en realidade relacionados con marcas comerciais que patrocinan os seus contidos ou a súa aparición en publicidade, mentres caen os ingresos que reciben da canle Youtube.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla