Un medicamento contra a artrite ensaiado en Galicia será distribuído nos Estados Unidos

O Sarilumab, un fármaco inxectable contra a artrite reumatoide co que se fixeron ensaios en Galicia, foi aprobado nesta semana para US Food and Drug Administration para ser comercializado nos Estados Unidos. Na investigación participaron pacientes e investigadores de Clínicas Gaias, unha empresa médica con sete clínicas en Galicia.

Desde hai anos, o equipo médico da empresa realiza ensaios con 18 novas moléculas para combater diferentes tipos de artrites e artroses. “A mellor noticia é que os pacientes que tratamos en Galicia experimentaron significativas mellorías clínicas co Sarilumab. Os medicamentos existentes ata agora, incluídos os biolóxicos de última xeración, non amosaban tanta eficacia”, explica o doutor Juan García Meijide, reumatólogo e investigador principal do  estudo, que se realizou no centro médico que a empresa ten en Santiago de Compostela.

Publicidade

O Sarilumab é un tratamento biolóxico que utiliza un anticorpo cun mecanismo de acción que pode xogar un importante papel nos procesos inflamatorios. Nos Estados Unidos será distribuído co nome de Kezvara, por parte da farmacéutica Sanofi, que xa prepara a súa comercialización na UE nos vindeiros meses.

A artrite reumatoide é unha doenza que afecta ás articulacións e causa dor, inchazón, rixidez e dano articular, cunha importante perda funcional, de calidade de vida e benestar.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Non estaban tolas

Rescatados 23 testemuños de violencia machista dos arquivos do psiquiátrico de Conxo

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval

Sancha de Lobeira: como preitear contra o arcebispo de Santiago e saír gañando

Foi unha gran señora feudal que viviu entre os séculos XV e XVI e cuxa xestión patrimonial deixou fonda pegada nos concellos da Serra de Outes