Vigo e A Coruña estrean este venres a rede 5G en Galicia

A compañía Vodafone anuncia o lanzamento da primeira rede comercial en España en 15 cidades, cunha velocidade ata 10 veces máis rápida que a 4G

Será preciso dispoñer dun dos dispositivos (poucos, por agora), que ofrecen a posibilidade de conectarse á rede 5G. Pero quen os teña, e teña contratadas as tarifas Ilimitadas de Vodafone, poderá ser este venres unha das primeiras persoas en gozar da primeira rede comercial da que está chamada a marcar unha nova fronteira no mundo das telecomunicacións. A operadora telefónica anunciou este luns que A Coruña e Vigo están entre as 15 cidades do territorio estatal nas que entrará este venres en servizo a 5G.

Nun primeiro momento, a cobertura da rede 5G en Vigo e a Coruña incluirá as zonas céntricas das dúas cidades, chegando, segundo expón Vodafone, “a máis do 60% da poboación“. Estes nodos acesos nas cidades engádense aos xa instalados en Tui, onde o pasado 22 de maio se realizou, desde Valença do Minho, a primeira chamada 5G transfronteiriza en mobilidade do mundo.

Publicidade

Galicia e a rede 5G

As prestacións da rede 5G, no centro do debate polo conflito entre Estados Unidos e Huawei, multiplicarán a velocidade de conexión actual. Reducirase en gran medida a latencia (tempo que pasa desde a petición ata a recepción de información), e incrementará exponencialmente o número de obxectos conectados á rede, posibilitando o desenvolvemento de novos servizos multimedia e aplicacións con conexións ultrarrápidas, como é o caso de coches autónomos, a telemedicina ou a realidade virtual. Do mesmo xeito, permitirá o desenvolvemento das chamadas ‘cidades intelixentes’, con melloras nos servizos públicos de transporte, emerxencias ou enerxía, así como os novos modelos empresariais vinculados ao “Internet das cousas”.

A investigación en Galicia traballa desde hai tempo para estar en boa posición de saída cara ao desenvolvemento desta rede. Así, desde o mes de setembro, Vigo será a segunda universidade española en ter un título propio en 5G, nun título vinculado á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Do mesmo xeito, desde o atlanTTic, varios investigadores do campus vigués traballan en proxectos internacionais sobre esta tecnoloxía.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía