Xoves 25 Abril 2024

O boicot de Google a Huawei deixará estes teléfonos sen actualizacións

A decisión non afecta aos "smartphones" xa en circulación, pero é posible que a medio prazo haxa problemas cos novos aparellos

A guerra comercial entre Estados Unidos e China chega aos dispositivos móbiles, senón é que xa estaba presente. O argumento do goberno de Trump en defensa da seguridade nacional (sosteñen se vería comprometida coa infiltración de marcas como Huawei nas redes de telecomunicacións do país) desembocou nunha orde executiva que permite ao Goberno federal prohibirlle ás empresas estadounidense que poidan contratar con provedores estranxeiros.

Este domingo, en exclusiva, Reuters informou de que esta decisión gobernamental provocou que varias empresas, encabezadas por Google, decidiran rachar as relacións co xigante chinés das telecomunicacións. Ademais de Google, compañías de procesadores como Intel, Qualcomm ou Micron seguiron estes mesmos pasos, o que deixará a Huawei sen software e sen hardware.

Publicidade

A decisión de Google, da que por agora aínda se descoñece o alcance exacto, afectará de seguro ás funcionalidades dos teléfonos Huawei. Porén, segundo recolle Reuters, citando a unha fonte de Google, os propietarios actuais de Huawei con ‘apps’ da firma de Mountain View poderán usar e descargar as actualizacións proporcionadas por Google. “Para os usuarios dos nosos servizos, Google Play e as súas proteccións de seguridade seguirán funcionando nos aparellos Huawei que xa existen”, declarou este portavoz. Así o confirmou Android na súa conta de Twitter.

Mais o problema chegará coas actualizacións do sistema operativo Android, co que traballa Google. De agora en diante, tanto os actuais como os novos dispositivos do fabricante chinés non poderá ter acceso ás actualizacións de Android. E os aparellos aos que xa lles afecte o veto dos servizos de Google non terían instaladas, por tanto, estas prestacións, como o almacén de Google Play, Gmail, Youtube, Google Chrome e outras ferramentas.

Por tanto, os fallos xurdirán tamén nos teléfonos que xa funcionan agora: ao non poder actualizar Android, as ‘apps’ novas que traballan cun sistema operativo ‘vello’ poderían sufrir máis problemas de funcionamento.

Mais Huawei si podería seguir utilizando a base de Android, de acceso libre, pero debería incorporar a súa propia tenda de aplicacións para ofrecer un servizo compatible coas prestacións que os smartphones teñen hoxe en día. Vendo a escalada de tensión dos últimos meses, voces como Richard Yu, CEO de Huawei, adiantaron que xa tiñan plans previstos para adaptarse ao novo escenario. Despois da inclusión de Huawei na lista negra do goberno estadounidense, a empresa fixo público un comunicado no que buscará remedios para atopar unha resolución ao problema. Este luns comunicou que xa traballa para achegar actualizacións de seguridade aos dispositivos que se poderán ver afectados.

Reuters tamén subliña que o impacto no mercado chinés será mínimo, xa que a maioría das apps de Google están prohibidas no país, con alternativas domésticas como Tencent e Baidu.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Marcos Martinón, un galego entre guerreiros de terracota: “É incrible, pero non hai dous soldados iguais”

O arqueólogo ourensán investiga dende hai case 20 anos o espectacular mausoleo do primeiro emperador chinés, un xacemento con 2.000 anos de antigüidade

Así é ‘Mycoplasma’, a principal sospeitosa da pneumonía infantil en China

O microbiólogo Raúl Rivas fai un retrato robot da bacteria que probablemente contribuíu a disparar a incidencia de enfermidades respiratorias no xigante asiático

A misteriosa pneumonía infantil de China: “Sospeitamos dos patóxenos habituais”

O pediatra Federico Martinón cre que a repunta de enfermidades respiratorias en nenos se pode deber á fin das restricións covid

Unha misteriosa neumonía infantil enche os hospitais en China: isto é o que sabemos

A OMS solicita oficialmente ao xigante asiático información detallada sobre o aumento de enfermidades respitatorias nos nenos