Un videoxogo nado en Ferrol gaña o Premio á Mellor Arte nos iokool PlayStation Talents

Seis antigos alumnos da UDC recibiron o galardón por 'Avy, fábulas da noite', o xogo dunha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos

O xogo Avy, Fábulas da Noite, nado como traballo final do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), consegue o galardón ao Xogo coa Mellor Arte na X Edición do Premios iokool PlayStation Talents que promove Sony Interactive Entertainment España. O acto de entrega de distincións celebrouse o martes 12 de decembro, ás 19.00 horas, nos Cines Callao de Madrid e puido seguirse en directo a través da canle de Twitch de PlayStation España.

Os integrantes do estudio Gamespond e antigos alumnos do Campus Industrial de Ferrol, Alicia Puentes, Diego Pérez, George Neighbour, Mónica García, Juan García e Sergio García, recibiron este galardón da man do director xeral da Asociación Española de Videoxogos (AEVI), José María Moreno, logo de estaren tamén nominados ao Premio á Mellor Historia Orixinal, ao Mellor Xogo para a Prensa e á Mención Especial Compromiso PlayStation.

Publicidade

Outros certames

A historia de Avy, unha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes acadou o Premio ao Mellor Xogo Cozy na IndieDevDay de Barcelona o pasado mes de setembro. Uns meses antes, gañaba o Premio Especial da Crítica e o Premio ao Xogo con Mellor Arte no Kokoro Japan Expo de Vigo. En 2022 foi finalista na categoría ao Mellor Xogo Cozy no Guerrilla Game Festival de Madrid e gañou o Premio de Prata na Sección Indie no Videoxogando que tivo lugar en Soutomaior (Pontevedra).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente

Ten sentido fixarnos no pasado para conservar o lobo?

A súa distribución presente e futura verase condicionada pola densidade das presas silvestres máis que pola do gando. Por Alejandro Martínez Abraín (UDC) e Daniel Oro

Un modelo da UDC simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo

A ferramenta desenvolvida no CITENI permite comparar diferentes escenarios cirúrxicos e adaptados ás características de cada paciente

Un congreso da UDC pon Galicia no mapa da física solar na semana da eclipse total

O astrofísico Martín Gómez Miguez explica como o valor do fenómeno cambiou co paso do tempo e a evolución das ferramentas de observación e medición.