Luns 29 Abril 2024

Un videoxogo nado en Ferrol, nominado aos premios iokool PlayStation Talents

A historia dunha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes opta a catro galardóns

O xogo Avy, Fábulas da Noite, nado como traballo final do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), consegue catro nominacións aos Premios iokool PlayStation Talents que promove Sony Interactive Entertainment España. A historia de Avy, unha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes opta ao premio á Mellor Historia Orixinal, ao Xogo coa Mellor Arte, ao Mellor Xogo para Prensa e á Mención Especial Compromiso PlayStation.

Os integrantes do estudio Gamespond e antigos alumnos do Campus Industrial de Ferrol, Alicia Puentes, Diego Pérez, George Neighbour, Mónica García, Juan García e Sergio García, optan tamén, xunto con outros 24 estudios, ao Premio ao Mellor Xogo do Ano. O estudio indie que consiga este galardón recibirá un cheque por valor de 10.000 euros para o financiamento do seu proxecto e poderá optar ao apoio de PlayStation España mediante o acceso a kits de desenvolvemento, á participación en sesións de asesoramento con profesionais de recoñecido prestixio da industria a nivel nacional e internacional, así como recibir axuda para publicar o seu xogo en todas as súas plataformas e pór en marcha a correspondente campaña de promoción.

Publicidade

A gala de entrega de premios celebrarase o vindeiro martes 12 de decembro, ás 19:00 horas, en Madrid. Con todo, o evento, no que se conmemora o décimo aniversario destes galardóns, poderá seguirse en directo a través da canle de Twitch de PlayStation España.

Premios e nominacións

O videoxogo Avy, Fábulas da Noite acadou o Premio ao Mellor Xogo Cozy na IndieDevDay de Barcelona o pasado mes de setembro. Uns meses antes, gañaba o Premio Especial da Crítica e o Premio ao Xogo con Mellor Arte no Kokoro Japan Expo de Vigo. En 2022 foi finalista na categoría ao Mellor Xogo Cozyno Guerrilla Game Festival de Madrid e gañou o Premio de Prata na Sección Indie no Videoxogando que se celebrou en Soutomaior (Pontevedra). 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carteis en catalán? Estes son os erros do videoxogo ambientado na Costa da Morte

A última entrega da saga 'Call of Duty' inspirouse no faro de cabo Vilán para recrear a loita contra unha banda de narcotraficantes

Así é The Waylanders, un videoxogo de fantasía na Galicia celta e medieval

O ambicioso proxecto de Gato Salvaje Studio, impulsado por micromecenado, gaña o premio dos enxeñeiros informáricos galegos

PODCAST | Os videoxogos como ferramenta para sensibilizar. Con Beatriz Legerén

Falamos do reto que supoñen as novas narrativas á hora de divulgar con Beatriz Legerén, integrante do proxecto de alfabetización científica mariña Misión Azul

50 anos (de consolas e videoxogos) xa son moitos

Hai catro décadas da primeira que se lanzou ao mercado, a Magnavox Odyssey