Unha masa de aire frío desplomará os termómetros en Galicia na fin de semana

As temperaturas mínimas descenderán ata os 2 graos en Lugo e as máximas non superarán os 14 graos

Galicia agarda unha fin de semana de tempo apracible e estable pero con sensación de frío. De feito, as temperaturas mínimas desplomaranse ata os dous graos en Lugo e as máximas non superarán os 14 graos, que só rexistrarán Vigo e Ourense. A responsable deste escenario é unha masa de aire frío que chega este venres, despois dunha fronte que deixará chuvias intermitentes en boa parte do territorio ao longo de toda a xornada, segundo informan dende Meteogalicia. A estabilidade continuará durante o sábado e a primeira metade do domingo. Pola tarde, unha fronte comezarase a achegar a Galicia e afectará a toda a comunidade durante a madrugada, con temperaturas que non experimentarán cambios significativos.

Máis en detalle, a xornada deste venres estará protagonizada polas precipitacións intermitentes que irán perdendo forza conforme avance a tarde e afectando especialmente a fachada atlántica. O inicio da fin de semana, que coincide co arranque de decembro e do inverno meteorolóxico, trae un descenso acusado das temperaturas. Os termómetros baixarán ata os 3 graos de mínima en Lugo, co resto de cidades galegas manténdose nos oito. No que respecta ás máximas, non subirán dos 14 graos en Vigo e acadarán os 13 en Ferrol e Pontevedra, os 12 na Coruña, os 11 en Ourense e Santiago e, finalmente, os 9 en Lugo.

Publicidade

O sábado, o día de máis estabilidade

A fronte que afecta a Galicia este venres deixará de exercer a súa influencia o sábado; día máis apracible e con maior estabilidade, aínda que con sensación de frío. Aínda que se agardan ceos nubrados pola mañá, que se irán despexando conforme avance a xornada, a influencia anticiclónica disipa as posibilidades de chuvia. No que respecta ás temperaturas, manteranse estables respecto ao venres, cun lixeiro ascenso nas máximas, segundo prognostica Meteogalicia. Aínda que os valores mínimos acadarán os dous graos en Lugo e non ascenderán dos oito en ningunha cidade galega, as máximas manteranse máis estables en todo o territorio. Vigo e Ourense acadarán os 14 graos, seguidas de Pontevedra con 13, A Coruña e Ferrol con 12, Santiago con 11 e, finalmente, a temperatura máxima máis baixa volverá a rexistrala Lugo, con 10.

A estabilidade da que gozará Galicia durante boa parte da fin de semana rematará na segunda parte do domingo. Agárdase que entre unha fronte durante e tarde que, segundo o portal Eltiempo.es, deixará chuvias que poderían ser intensas na fachada atlántica. Conforme avance a madrugada, as precipitacións chegarán a toda a comunidade galega e iranse desprazando polo noroeste da península. No que respecta ás temperaturas, manteranse igual que os días anteriores. Lugo volverá ser a cidade coas temperaturas máis baixas, tanto mínimas como máximas, que non superarán os 2 e os 11 graos respectivamente.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o segundo mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros

O último informe de Meteogalicia conclúe que foi un período seco e marcado por dous importantes episodios de calor

Un domo de calor trae a Galicia temperaturas superiores aos 30 graos nos primeiros días de xullo

O anticiclón e o nordés serán as claves de que os valores sexan máis cálidos do normal, ben diferenciados entre o norte e o sur

A Xunta amplía as zonas en nivel vermello por episodio de calor extrema

O litoral galego manterase nos 30ºC, o interior da comunidade superará os 34ºC e o val do Miño e do Sil acadarán os 40ºC

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo