O uso de internet dos maiores galegos medrou un 21% este ano

Os datos do INE indican que Galicia esta a reducir a fenda dixital coa media española

Os datos do último informe do INE sobre o uso das TIC, correspondente ao ano 2021, indican que Galicia está a reducir a fenda dixital que existe coa media estatal en canto ao uso e equipamento das novas tecnoloxías. A evolución foi especialmente satisfactoria no tramo de idade entre 65 e 74 anos, xa que rexistrouse un incremento do uso de internet dun 21% fronte ao 5,2 % de aumento estatal respecto ao 2020.

Este dato permite reducir a fenda en preto de oito puntos nesta franxa xa que agora a media estatal de uso de internet neste apartado da poboación sitúase no 73,3% mentres que en Galicia acada o 65%, logo do espectacular incremento deste ano. É moi posible que os efectos da pandemia teñan moito que ver nestes datos pero o feito é que Galicia tivo un incremento moi superior ao do conxunto do Estado.

Publicidade

Segundo os datos do informe do INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2021, o 90,2% dos galegos usa internet, rexistrando a menor diferencia coa media estatal (93,9%) do rexistro histórico. Por idades o 100% dos galegos de 16 a 34 anos empregan internet, por riba da media estatal, mentres que as porcentaxes redúcense ao 96,7% no tramo de 35 a 44 anos, ao 95,8 entre 45 e 54 anos, ao 86,8 entre 55 e 64 e ao xa citado 65% entre os 65 e os 74 anos.

Ademais, segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), máis do 93% dos fogares galegos teñen servizo de internet contratado, unha porcentaxe que se mantén en todos os concellos de máis de 10.000 habitantes e que nos concellos de máis de 100.000 xa supera o 95%. O crecemento máis destacado prodúcese nos municipios con menos de 10.000 habitantes que, por primeira vez, superan a barreira do 90% de fogares con internet contratado

Publicidade

Respecto ao equipamento, o 78,7% dos fogares galegos contan con algún tipo de ordenador, experimentando un crecemento do 9,2% no último ano fronte ao incremento do 2,8% da media estatal. Ademais,

Medra o comercio electrónico

 O 52,5% da poboación galega mercou a través de internet nos últimos tres meses, un crecemento do 11,2% respecto ao ano anterior fronte ao crecemento do 2,6% que experimenta a media estatal. Este pulo do comercio electrónico localízase especialmente nas persoas de máis idade, xa que crece un 43,2% no tramos de 55 a 64 anos e case se triplica no de 65 a 74 anos. Os datos do INE constatan que as compras a través de Internet acadan o seu valor máis elevado entre as persoas de 35 a 44 anos cun 73,7%.

Con respecto aos indicadores de administración electrónica, un 70,7% dos internautas galegos comunicáronse coas administracións a través de Internet, experimentando un crecemento do 7,6% no último ano. Cabe salientar que un 56,8%  son usuarios avanzados no ámbito da administración dixital e envían formularios cumprimentados a través de Internet.

Datos de Tele Escola

Tele Escola é un módulo novo incorporado polo INE nesta edición. Este concepto refírese á asistencia a clase ou realización doutro tipo de actividades docentes, a través de internet (de forma total ou parcial), impartidas por parte dos profesores habituais do seu centro educativo e referidas ao curso académico (neste caso 2020/2021) mediante o uso de medios e sistemas informáticos, telemáticos e de telecomunicación desde un lugar diferente á escola.

O 92,6% dos nenos/as galegos de 6 a 15 anos conviven en fogares que dispoñen dos medios ou recursos suficientes (internet, equipamento informático,…) que farían posible a asistencia a clases ou actividades de Tele Escola.

O 44,8% dos nenos/as galegos de 6 a 15 realizaron ou asistiron a clases ou actividades en liña de forma total ou parcial no tres últimos meses. Pola súa banda, o 46,9% non asistiu a estas clases aínda tendo recursos no fogar, xa que non eran obrigatorias ou non se impartían no seu curso académico 20/21.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 95% dos procedementos administrativos da Xunta máis solicitados serán dixitais en 2027

O investimento no Plan de Dixitalización Plena achégase aos 10 millóns de euros para avanzar en tecnoloxías como a intelixencia artificial e a analítica de procesos

Pontevedra xa rexistra máis mortes por cancro de pulmón que o de mama en mulleres

No ano 2024, a provincia galega sumou 159 falecementos por tumor pulmonar, fronte aos 146 causados por carcinoma mamario, segundo datos provisionais do INE

Máis de 110.000 galegos empregan a ‘app’ XuntaEu para as xestións coa administración

O Goberno autonómico puxo en marcha a aplicación o pasado ano co obxectivo de simplificar a relación dos cidadáns cos servizos dixitais

Os concellos que empregan as ferramentas de ciberseguridade da Xunta cuadriplicáronse nun ano

Na primeira metade de 2025 houbo preto de 2.000 alertas por posibles fraudes reportadas a entidades locais