‘Finisterrae III’, o novo supercomputador de Galicia 6 veces máis potente

Xunta, Ministerio e CSIC asinan o convenio para poñer en marcha a nova máquina do CESGA, que dará servizo no 2021 entre as máis avanzadas de España

Cando a ciencia en Galicia precisa potencia de computación para correr grandes modelos numéricos e complicados logaritmos non ten dabondo cos ordenadores de facultades e centros de investigación. Necesitan máquinas con altas capacidades e a referencia no país é o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), no que participa o Estado a través do CSIC, a Xunta e as tres universidades galegas. Máis de 3.000 artigos de investigación, 240 teses e 1.200 contribucións científicas en congresos é o balance do que ten achegado o CESGA dende a súa fundación en 1993.

Daquela, o seu primeiro supercomputador chegou cando Internet aínda se abría camiño no mundo. Calquera móbil actual ten maior capacidade de cálculo que a primeira máquina, o Finisterrae I,  que se situou entre as 150 estruturas de maior potencia do mundo. E, durante uns meses, chegou a ser a máis potente de España, logo superada polo Mare Nostrum instalado en Cataluña.

Publicidade

Tras diversas actualizacións, no ano 2015 chegou o Finisterrae II, moito máis potente. E seis anos máis tarde, no 2021, o CESGA dará un novo paso, co Finisterrae III, que multiplicará por seis a capacidade de supercomputación.

O investimento no Finisterrae III supera os 7 millóns de euros e estará en servizo no 2021

A nova estrutura xa está licitada. Chega grazas a un triple acordo: o Ministerio de Ciencia e Innovación achega 5,6 millóns nos que se conta a aportación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Pola súa banda, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta achegará sobre un millón de euros, e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), outros 350.000 euros.

O pasado venres, o Goberno galego aprobou o novo convenio co seu investimento total de 7 millóns de euros que convertirá ao Finisterrae III nun dos máis grandes supercomputadores de España. O reto é axudar aos centros de investigación e ás empresas para adoptar novas técnicas de intelixencia artificial e Industria 4.0

Esta renovación permitirá alcanzar os 2 petaflops, o que se traduce en, como mínimo, multiplicar por seis a velocidade de computación da infraestrutura actual, a segunda máis potente de España. A capacidade utilizarase principalmente para o procesado de datos. Este cambio dotará de maior alcance a proxectos que xa se desenvolven no CESGA, e que requiren gran potencia de tratamento de datos, relacionados coa secuenciación de xenomas, a predición meteorolóxica e oceanográfica e o deseño de novos materiais, por exemplo.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O quecemento global podería triplicar a probabilidade de secas no Mediterráneo

Un estudo da UVigo e do CSIC indica que o descenso da humidade transportada pola atmosfera dende os océanos provocará unha maior aparición de episodios de aridez

Unha viaxe virtual polas grandes voces da lírica galega grazas á realidade aumentada

A USC e o CESGA crean unha exposición en homenaxea a destacadas cantantes galegas do século XIX e XX que se pode visitar dende a casa

Electrocardiograma a un mexillón: o curioso método para avaliar a saúde do bivalvo

Un sensor deseñado en Galicia analiza o comportamento das valvas para coñecer o estrés térmico do molusco en tempo real

Demostrada a eficacia dun novo fármaco nun cancro de pulmón resistente

Un equipo do CSIC liderou dous estudos que presentan novas abordaxes en dúas mutacións de tumores que non responden a terapias dirixidas