Estas 22 fotos recrean a suba do nivel do mar en Galicia no ano 2100

Afundación publicou este ano unha web con localizacións da costa galega que quedarán asolagadas pola suba do nivel do mar

Portos afundidos, praias desaparecidas e unha nova xeografía das rías galegas. Así será o efecto en Galicia da crise climática e da suba do nivel dos océanos. Empregando datos da plataforma Climate Change, Afundación celebrou este mes de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente publicando estas 22 fotos que recrean a suba do nivel do mar na costa galega.

A illa de Arousa no 2020 e na previsión do 2100.

“A saúde dos océanos está a deteriorarse debido ao aumento das temperaturas, a acidificación da auga, o esgotamento dos recursos naturais e a contaminación dos ecosistemas terrestres e marítimos”, sinala Afundación na súa iniciativa, que recolle un total de 62 puntos costeiros da península ibérica, a situación no ano 2020 e a estimación do terreo que quedaría por baixo do nivel do mar no ano 2100, segundo a interpretación dos estudos realizados por Climate Central.

Publicidade

Dez lugares de Galicia que estarán ameazados polo mar en 2050

O obxectivo desta recreación é informar sobre a urxencia e a importancia a escala mundial de conservar un océano saudable para as xeracións actuais e futuras.

Na mesma liña, o Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC polas súas siglas en inglés), no seu estudo de 2019, estimou unha elevación dun metro do nivel do mar no ano 2100 se mantemos a tendencia actual.

Publicidade

Aquí podes ver a recreación dos 22 puntos da costa galega

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro