Xoves 5 Decembro 2024

Intelixencia artificial para detectar o párkinson a partir da risa

Con recoñecemento de voz e aprendizaxe automática, un equipo de Madrid e Zaragoza desenvolve un sistema para identificar a doenza

O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa que, por agora, non ten cura, pero a súa detección nunha etapa temperá permite mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

Nos últimos anos desenvolvéronse multitude de métodos para facilitar a detección da enfermidade antes de que se manifesten síntomas clínicos que aparecen nas fases avanzadas. Por exemplo, é coñecido o caso dunha enfermeira escocesa que afirma poder detectar esta enfermidade a través do cheiro dunha persoa enferma. Realizáronse estudos científicos para validar a idea, pero máis centrados en pacientes homes.

Publicidade

Recentemente, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, en EEUU) presentou un sistema capaz de discernir a presenza e a severidade da enfermidade a través da respiración do paciente durante o sono, aínda que esta técnica require a instalación dunha serie de dispositivos e un certo despregamento de tecnoloxía na casa do paciente para realizar a exploración con éxito.

Agora, investigadores das universidades Politécnica (UPM) e Complutense (UCM) de Madrid, a de Zaragoza e outros centros de ambas as cidades, publicaron un estudo no International Journal of Environmental Research and Public Health segundo o cal un sistema automático de apoio á decisión recoñeceu, entre outros suxeitos sans e con alta porcentaxe de éxito, pacientes que sufrían a enfermidade a través da análise das súas risas.

Publicidade

Taxa de acerto do 83%

En concreto, o sistema de apoio á decisión alcanzou unha taxa de acerto do 83% para a clasificación de risas de persoas sas e enfermas, empregando unha base de datos de 20.000 mostras xeradas automaticamente a partir dun grupo de 120 risas de suxeitos sans e de pacientes de párkinson.

As risas foron gravadas nun estudo mentres as persoas visionan varios vídeos de humor de forma aleatoria (incluíndo chistes e monólogos divertidos). As sesións tiñan duración de media hora aproximadamente. As risas rexistradas durante esa sesión foron segmentadas manualmente para xerar os datos cos que adestrar o sistema desenvolvido.

Gravar e analizar a risa dunha persoa é unha tarefa fácil e sinxela, que non necesita un equipamento especial, nin un despregamento tecnolóxico importante. Espérase que, proximamente, a análise da risa se poida realizar a través dunha aplicación instalada no teléfono móbil e que será capaz de realizar a análise e producir un resultado fiable en poucos minutos.

Este tipo de sistemas automáticos para a detección precoz da enfermidade de párkinson axudarán a mellorar a eficiencia dos tratamentos terapéuticos dispoñibles e futuros, o que, á súa vez, mellorará as condicións de vida das persoas afectadas, diminuirá e racionalizará o emprego dos recursos nos sistemas de saúde públicos e privados.


Referencia: Use of Laughter for the Detection of Parkinson’s Disease: Feasibility Study for Clinical Decision Support Systems, Based on Speech Recognition and Automatic Classification Techniques (Publicado en International Journal of Environmental Research and Public Health)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un programa da Comisión Europea selecciona un proxecto galego para a creación de chips

O atlanTTic acollerá unha planta experimental para deseñar novas técnicas de encapsulado que se poidan implementar na industria

Tecnoloxía inclusiva galega: premiada unha aplicación para previr a atrofia muscular

O CITIC celebrou esta semana un encontro europeo no que tamén galardoou o deseño adaptado dunha cesta da compra para cadeira de rodas

Que foi dos pellets: as seis grandes incógnitas do accidente do ‘Toconao’ un ano despois

As bólas plásticas chegaron de forma masiva a Galicia a comezos de 2024 pero a día de hoxe non se sabe onde están almacenados nin se existe un plan para a súa xestión

Un estudo galego revela o papel clave dos adultos na repoboación do percebe

O 90% dos ocos deixados nas rochas polos mariscadores inician a súa recuperación en menos de seis meses cando se deixan grandes exemplares