Publicidade

As novas tecnoloxías, materia pendente para as galegas maiores de 65 anos

As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) semellan ser terreo alleo para as mulleres galegas maiores de 65 anos. O uso de ordenadores, Internet, teléfonos móbiles ou o do comercio electrónico ocupan un espazo moi reducido entre este colectivo. Os datos revelan unha alarmante fenda dixital de xénero en Galicia—é dicir, a diferenza de porcentaxes entre sexos respecto ós principais indicadores de uso de TIC— e unha fenda dixital xeográfica co resto de España.
uso-ordenador-maioresOs datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística —tomados da Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares, do Intituto Nacional de Estadística (INE)— son desalentadores, malia os esforzos que se están a facer desde os Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, dependentes da Xunta, con case un cento de aulas repartidas por todo o territorio galego, ademais dos programas desenvolvidos por deputacións e concellos. Tanto no uso de ordenadores, Internet e dispositivos móbiles, como no acceso ao comercio electrónico, as galegas entre 65 e 74 anos amosan un perfil moi baixo, con porcentaxes moi inferiores ás dos homes galegos e moi afastadas da media estatal.
uso-internet-maioresEn xeral, en España o uso que fan as mulleres das TIC é significativamente menor que o dos homes, exceptuando o caso dos móbiles, onde é parello, agás en Galicia. Os resultados indican que o teléfono móbil é o máis usado por este grupo de persoas en todo o estado, sendo os homes galegos de 65 a 74 anos os que máis destacan no uso destes trebellos, con porcentaxes lixeiramente superiores á media; porén, a diferenza do que sucede no resto de España, en Galicia se mantén a fenda de xénero no acceso a estes dispositivos.
uso-mobil-maioresPola contra, o comercio electrónico aínda ten moi poucos seguidores entre as persoas maiores, sendo practicamente nulo entre as galegas, dato que contrasta co dos homes, cuxa actividade no eCommerce sobresae por riba da media estatal.
uso-ecommerce-maioresSó no uso do ordenador as nosas maiores están nunha situación case de igualdade coas súas semellantes doutras autonomías, pero tamén aquí, como no resto de apartados, se sitúan lonxe das porcentaxes acadadas por eles.
No caso de Internet, obsérvase que a súa penetración entre o colectivo de persoas maiores en Galicia é moi inferior á do resto de España, en xeral, sendo especialmente baixa, de novo, entre as mulleres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O fotógrafo que capturou a Galicia máis humana

A exposición sobre Nicolás Muller do Museo do Mar en Vigo recolle instantáneas inéditas tomadas no seu paso pola comunidade

O libro galego entre a ciencia e a inventiva: “Somos o que imaxinamos”

O investigador mariño Alberto González-Garcés mestura entre pequenas historias temas como os buratos negros e a xenética cos memes

Aquis Querquennis: 50 anos do achado da gran xoia oculta de Galicia

'A Cidá' é unha das infraestruturas romanas máis importantes de Europa e ten case dous milenios de historia

Así asubían os arroaces nas Rías Baixas para organizarse en grupo e orientarse nas augas

Un estudo recolleu durante 15 anos os sons dos Tursiops Truncatus para comparar as diferenzas nas interaccións entre Galicia e Sardeña