NGC 7822 en Cefeo

NGC-7822
Créditos da imaxe e copyright: César Blanco González.

Explicación: as estrelas novas e quentes máis os piares cósmicos de gas e po semellan ateigar o interior de NGC 7822. A brillante rexión de formación estelar, ao bordo dunha nube molecular xigante na dirección da constelación setentrional de Cefeo, atópase a uns 3.000 anos luz de distancia. No interior da nebulosa saliéntanse as formas escuras e os bordos brillantes nesta paisaxe celeste chea de cor. A imaxe inclúe datos conseguidos con filtros de banda estreita, cartografando a emisión dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre en cores azul, verde e vermella respectivamente. A emisión atómica está fomentada pola potente radiación que procede das estrelas quentes, cuns ventos e radiación poderosos que tamén esculpen e erosionan as formas dos densos piares. Aínda podería haber estrelas a formarse dentro dos piares por colapso gravitatorio, pero cando os piares estean erosionados de todo, calquera estrela en formación verá finalmente o seu proceso cortado polo esgotamente das súas reservas de material estelar. Este campo abarca uns 40 anos luz á distancia estimada de NGC 7822.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico

Destinos Starlight en Galicia: lugares cruciais para desfrutar das novas choivas de estrelas

As Leónidas acadarán o seu punto álxido o próximo 17 de novembro cunha Lúa que favorecerá a súa visibilidade que dependerá da meteoroloxía

Chega a chuvia de estrelas das Líridas: cando e como poderás vela dende Galicia

A previsión de choivas complica a visibilidade do fenómeno astronómico que comeza o 17 de abril e remata o 26

Un equipo da UDC detecta metais de planetas perdidos na atmosfera de ananas brancas

Científicos do CITIC usan datos da misión Gaia e intelixencia artificial para avanzar no estudo da evolución dos sistemas planetarios