Chega a chuvia de estrelas das Líridas: cando e como poderás vela dende Galicia

A previsión de choivas complica a visibilidade do fenómeno astronómico que comeza o 17 de abril e remata o 26

Os ceos desta Semana Santa vanse caracterizar por dous motivos. Por unha banda, porque en principio estarán cubertos polo mal tempo e, por outra, porque unha choiva de meteoros será visible neses instantes nos que as nubes o permitan. Trátase das Líridas, e serán observables desde o 17 ata o 26 de abril.

Esta chuvia de estrelas é consecuencia do cometa Thatcher (C/1861 G1). Cada ano, a Terra atravesa nestas datas unha zona cunha gran cantidade de fragmentos de meteoros xerados polo corpo celeste. Co paso do planeta azul, algúns deles acabarán rozando coa atmosfera e rematarán esnaquizados. Iso si, non ten que ver con observar o cometa: Thatcher ten unha longa órbita ao Sol, de 415 anos, e non será visible ata o 2283.

Publicidade

O día de maior actividade será o 22 de abril arredor das 15:30 horas. O ideal é observalas na noite anterior e posterior, especialmente nos primeiros momentos. As previsións meteorolóxicas apuntan a que segundo avance a semana, podería mellorar o tempo, aínda que é pronto para saber se ese día os ceos clarearán.

As Líridas son máis accesibles para os países do hemisferio norte e, concretamente, Galicia, onde non é necesario ningún tipo de equipamento. Iso si, coma sempre, no caso dunha chuvia de estrelas, para velas é importante estar nunha zona con pouca contaminación luminosa. Ademais, pode que a vista tarde un pouco en adaptarse á escuridade para poder velas.

Publicidade

As Líridas son visibles desde hai, polo menos, 2600 anos. Os rexistros máis antigos datan do ano 687 a.C., no libro chinés de crónicas Zuo Zhuan. A pesar de que polo xeral é unha choiva que ten unha actividade media de 20 meteoros por hora, hai anos nas que a taxa se dispara ata os 100. Eses fragmentos atravesan a atmosfera a unha velocidade duns 49 quilómetros por segundo.

As Eta Acuáridas, a partir do 19 de abril

As Líridas teñen como ‘radiante’ a constelación de Lira, cerca do seu corpo celeste máis brillante, Vega. Chámase ‘radiante’ ao punto no que parece que xorden todas as estrelas fugaces. Nestes fenómenos astronómicos, é habitual que o nome proveña da constelación da que parece que provén.

A partir do 19 de abril, tamén poderían verse as Eta Acuáridas, aínda que en Galicia é máis difícil. A súa visibilidade é maior nos lugares do trópico e do hemisferio sur. Estes meteoros están asociados co cometa Halley, e teñen unha taxa de actividade de entre 40 e 85 fragmentos por hora. O seu radiante será a constelación Acuario e o día de maior actividade será o próximo 6 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento