A mortalidade tras un infarto é menor para os que teñen can

Expertos da Universidade de Sevilla afirman que está comprobado que despois de cinco anos de ter sufrido un infarto, o índice de mortalidade en pacientes que teñen un can como mascota na casa é do 17% mentres que naqueles que carecen desta compañía a cifra ascende ata o 43%.
Alfonso Blanco Picabia, catedrático de Psiquiatría na universidade andaluza, asegura que “o can fai ben pola súa simple presenza como mascota xa que achega beneficios para a saúde física e mental das persoas”.
Blanco ten organizado varios máster de Terapia Asistida por Cans (TAP) como alternativa terapéutica cientificamente válida e confiable. Ademais de servir a persoas con problemas cardíacos, os cans adestrados “son capaces de detectar un ataque epiléptico ou unha baixada de azucre con antelación simplemente a través do olfacto”.

O can axuda ás vítimas de malos tratos a superar o trauma

Nenos con problemas de atención ou intelixencia, autismo, hiperquinesia, casos de hiperactividade, problemas de mobilidade ou de memoria, anciáns con problemas físicos mentais, ou enfermidades crónicas e enfermos mentais benefícianse tamén da TAP.
Dende o punto de vista da violencia en parellas, Luis Rodríguez Franco do grupo de investigación Psicoloxía Clínica e da Saúde da Universidade de Sevilla  sinala que traballar con estes animais achega vantaxes.
“A vítima dun maltrato séntese soa, o can dálle compañía, íllase, o can facilítalle saír á rúa e ademais faino con seguridade, a persoa que sofre violencia na parella ten medo, o can tranquilízaa, intermedia, pode defendela e protéxea do agresor porque o detecta polo olor antes mesmo de que a victima poida velo”, defende o experto.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego revela que a camuflaxe dos trazos autistas aumenta o estrés

A investigación do CiMUS da USC e do IDIS incorpora por primeira vez biomarcadores para avaliar o impacto fisiolóxico, utilizando a concentración de cortisol no cabelo como indicador obxectivo

Ter can durante a adolescencia favorece a saúde mental e a empatía

Un equipo do Xapón relaciona o efecto emocional con cambios no microbioma, que inflúen no comportamento e nas interaccións sociais

Da Lanzada a Barreiros: levar o teu can á praia pon en serio perigo as aves acuáticas

Un estudo da USC revela que o 98% das perturbacións ás especies costeiras foron provocadas por animais domésticos soltos

Luz Couce, directora do IDIS: “Se hai indicación, a embarazada ten que tomar paracetamol”

A comunidade científica insiste en que, baixo indicación clínica e con dose controlada, o fármaco é unha opción fiable para aliviar a dor en futuras nais