Fotos | Así foi a entrega dos Premios GCiencia Galicia Spin-off 2025

Na cerimonia recoñeceuse a labor de iniciativas innovadoras xurdidas a partir do ámbito das tres universidades públicas galegas

Este venres celebrouse a última edición dos Premios GCiencia Spin-Off, unha cerimonia na que se recoñeceu a labor de iniciativas innovadoras xurdidas a partir do ámbito das tres universidades públicas galegas. Os galardóns entregáronse no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela, coa presenza de diversas autoridades e investigadores.

A xornalista de GCiencia Laura Filloy foi a encargada de presentar o acto. Nel, falou sobre a importancia de mulleres referentes na ciencia e a necesidade de fomentar a vocación científica / Anxo Iglesias.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez interveu no acto, no que defendeu a labor da investigación en todos os seus niveis. Destacou a importancia do ciclo que xera a labor científica, desde a investigación básica e a aplicada ata a creación de empresas / Anxo Iglesias.
O equipo de Ventilatio Lab, representado por Jorge Mira, recibiu o premio foi premiado polo premio a Idea Emerxente. A compañía aplicou unha innovadora tecnoloxía de simulación CFD (Dinámica de Fluídos Computacional) para analizar e controlar o comportamento do aire en espazos interiores e exteriores / Anxo Iglesias.

Pablo Mosquera, representante de Unirisco, empresa patrocinadora do evento / Anxo Iglesias.
O director de GCiencia, Pablo López (esquerda), entrega o premio na categoría de Grupos de Investigación ao catedrático de Química Orgánica da USC e exdirector científico do CiQUS, José Luis Mascareñas como representante do grupo MetBioCat / Anxo Iglesias.
O equipo de MetBioCat recibiu o premio na categoría de Grupos de Investigación. O grupo pertence ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). Ao longo da súa traxectoria rexistrou 26 patentes e foi quen de obter financiamento para investigacións por valor de catro millóns de euros. 
María Eimil, coordinadora de comunicación de Gadis, empresa patrocinadora do evento / Anxo Iglesias.
Manuel Lolo, CEO de AMS-Lab e gañador do premio Selo de Calidade, agradeceu o recoñecemento do seu equipo a GCiencia e ao xurado. Ademais, destacou que a idea coa que se creou a compañía en 2008 era demostrar que dende Galicia se pode facer ciencia e non é necesario saír da comunidade / Anxo Iglesias.
Manuel Lolo, CEO de AMS-Lab; Pablo Mosquera, representante de Unirisco; José Luis Mascareñas, director do grupo de investigación MetBioCat; Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; os representantes do equipo de Ventilatio Lab; María Eimil, representante de Gadis; Pablo López, director de GCiencia / Anxo Iglesias.
  • Un momento do acto de este venres de entrega dos premios GCiencia Galicia Spin-off.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy

GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

A Comisión de Deontoloxía do Xornalismo de España avala o labor informativo de GCiencia

A entidade destaca que o portal e National Geographic “cumpren coa normativa deontolóxica” e apoia o seu rigor e respecto ás normas éticas do xornalismo