Sergas

Dous primeiros falecidos por gripe coa chegada da onda epidémica

O Sergas mantén plans de continxencia en urxencias, aínda que a folga no CHUS e a afluencia de afectados podería complicar a situación

A onda epidémica da gripe espérase en Galicia para esta semana

O ano pasado, o pico da enfermidade xa comezou a apuntar no mes de decembro

Bonecos que ensinan a mellorar a atención ao paciente

ACIS promove as técnicas de simulación para formar aos profesionais sanitarios no seu centro de traballo

O hospital de Santiago recibe un premio á mellor publicación pediátrica do ano

A revista "Pediatric Infectious Diseases Journal" recoñeceu ao servizo de Pediatría do CHUS por un estudo sobre a vacina antineumocócica

8.000 galegos sofren epilepsia resistente aos fármacos

A Unidade de Epilepsia Refractaria de Santiago, de referencia estatal, atendeu o ano pasado a 634 persoas, e 115 deles eran novos casos

O Clínico de Santiago, nunha rede europea para desenvolver fármacos infantís

Os investigadores composteláns tomarán parte nun proxecto cunha duración de seis anos e un orzamento global de preto de 140 millóns de euros.

Crean un modelo estatístico para predicir a gripe a través do parte meteorolóxico

Dous investigadores galegos asinan un traballo que pode axudar a mellorar a resposta sanitaria ante os brotes epidémicos

O banco de leite de Santiago, primeiro de España que cumpre cos máis altos estándares de calidade e seguridade

O equipo que traballa no CHUS recibiu a certificación do cumprimento da norma UNE 179003 por parte de AENOR

A gripe suma 25 mortes máis en Galicia na última semana

O Sergas certifica que o número de falecidos alcanza xa as 200 persoas, das que 109 estaban vacinadas

Está morrendo máis xente por gripe este ano en Galicia?

A cifra de falecidos (107) xa é maior que nas campañas de 2014, 2015 e 2016 e supera en 21 persoas ás cifras da mesma semana de 2017

Por que non se vacina a xente contra a gripe?

A epidemia, xa en fase decrecente e deixou xa 38 falecidos; todos de grupos de risco, e 18 deles non estaban vacinados

O virus Yamagata esquiva este ano a vacina da gripe

A alta prevalencia dunha liñaxe non incluída na vacina trivalente produce unha protección menor contra o virus

A Academia de Medicina premia un traballo de radiocirurxía do hospital de Santiago

O galardón recoñece o labor dun equipo multidisciplinar do Sergas no tratamento dos Schwannomas, uns tumores do nervio vestibular

Duplícanse en Galicia os casos de bacterias resistentes a antibióticos

Un informe revela un gran incremento da temida Klebsiella e cada vez máis pacientes non responden ao tratamento

O VIH en Galicia: da lacra da droga ás prácticas sexuais de risco

Galicia rexistrou desde 2007 case 2.000 novos casos de VIH; agora, as relacións sexuais sen protección son a principal fonte de contaxio

Científicos de Santiago atopan novas claves do virus que mata 200.000 nenos por ano

Scientific Reports publica a investigación da USC e o IDIS sobre o Virus Respiratorio Sincitial, a segunda causa de morte en menores de 5 anos