A onda epidémica da gripe espérase en Galicia para esta semana

Hai un ano, Galicia levaba xa nestas datas tres semanas en plena onda epidémica da gripe, con picos de ingresos hospitalarios durante o Nadal. Pero esta tempada, a pandemia chega con retraso, aínda que as baixas temperaturas están a provocar xa os ascenso de casos confirmados. E esta pode ser a semana clave na que se dispare a curva ascendente, como sucede todos os anos.

Os ingresos hospitalarios seguiron a subir na última semana. O virus que máis circula é o A (H1 N1), o da pandemia da gripe A, ao contrario que o pasado inverno, cando o maioritario foi o B.

Publicidade

Agora mesmo, en España hai xa tres comunidades en fase epidémica: Cantabria, País Vasco e Baleares. No resto, a gripe segue a chegar esta tempada con retraso. O caso non é excesivamente raro, porque na tempada 2015/2016 o pico de casos se rexistrou no mes de febreiro. Ademais, no Servizo Galego de Saúde apuntan a que a chegada tardía da gripe non significa que a súa incidencia final sexa menor. Por exemplo, o ano pasado na primeira semana de marzo aínda houbo en Galicia 25 mortes atribuidas á gripe.

No conxunto do Estado, as estatísticas da gripe están en 47,6 casos por cada cen mil habitantes, xa moi preto dos 55 casos que se establecen como inicio da onda epidémica.

Publicidade

Á espera do comezo da onda de gripe de 2019, os consellos de saúde seguen a ser tapar boca e nariz para toser, lavar as mans con frecuencia, evitar espazos moi concurridos e, sobre todo, non acudir ao posto de traballo en caso de ter os síntomas, especialmente a febre. E tamén é posible aínda solicitar a vacinación, que está aberta ata o vindeiro 25 de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do picapeixe á cegoña branca: as aves (galegas) que poderían aparecer nos próximos billetes de euro

As seis especies escollidas polo Banco Central Europeo teñen presenza, habitual ou ocasional, no territorio, dende as montañas do interior ata o litoral

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos