O banco de leite de Santiago, primeiro de España que cumpre cos máis altos estándares de calidade e seguridade

O banco de leite materno de Santiago de Compostela converteuse no primeiro en España en ser certificado pola norma UNE 179003, que avalía a xestión de riscos para a seguridade dos pacientes. A certificación, avaliada pola entidade AENOR, controla e garante que todo o proceso de tratamento do banco de leite humano doado do CHUS se leva a cabo cos máis altos estándares de calidade e seguridade. O banco compostelán é, xunto ao de Vigo, un dos dous existentes en Galicia. Deste xeito, pasa a ser o primeiro acreditado pola norma europea e o terceiro do país en recibir unha certificación de calidade.

As instalacións de doazón de leite materno, que abriron en marzo de 2016, xestionaron xa a doazón de 550 litros de leite materno proporcionado por 110 mulleres. Isto permitiu alimentar con leite materno procedente do banco a 116 acabados de nacer, dos cales, o 70% foron grandes prematuros (menos de 32 semanas de xestación e/ou cun peso inferior a 1.500 gramos), mentres que o 30% restante foron nenos con risco de desenvolver patoloxía intestinal por distintos motivos.

Publicidade

O banco de leite materno de Santiago permitiu alimentar a 116 nenos con riscos de saúde

“Grazas á xenerosidade destas nais, puidemos non só achegar unha nutrición de calidade aos nosos pacientes e que toleren máis prontamente a alimentación enteral, senón ademais diminuír a prevaleza de enfermidades graves como a enterocolite necrosante nun 50%”, subliña Luz Couce, xefa do servizo de Neonatoloxía da xerencia compostelá.

O labor das profesionais que atenden o banco de leite, segundo sinala o Sergas, vai máis aló do procesamento e distribución de leite materno, xa que o “noso principal obxectivo é a promoción da lactación materna e o apoio ás nais lactantes, para o que puxemos en marcha, entre outras medidas, talleres de formación para os profesionais do noso centro e talleres de apoio á lactación para aquelas nais que acaban de ter un fillo recentemente nado ou que precisen apoio”, subliña Luz Couce.

Publicidade

A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que o leite humano sexa o alimento de elección durante os seis primeiros meses de vida dun bebé. Ademais, a través de distintos estudos realizados nos últimos anos demostrouse que a lactación materna protexe fronte ás enfermidades infecciosas causadas por virus, bacterias e parásitos ata que o sistema inmune do neonato se desenvolve por completo, e tamén doutras enfermidades a longo prazo, como a diabetes ou Crohn, entre outras.

Por outra banda, demostrouse que é o aporte nutritivo máis completo para un recén nado, é fácil de dixerir e produce menos ganancia de peso innecesaria. Tamén hai estudos que sinalan un efecto positivo da lactación materna na evolución cognitiva do neno. E en canto aos prematuros, está cientificamente probado que alimentalos con leite materna é mellor que facelo con fórmulas derivadas do leite de vaca e asóciase con maior supervivencia. Por todo iso, a OMS indica que cando non se dispoña de leite da propia nai, o leite pasteurizada de nais doantes seleccionadas é a mellor opción para a alimentación dos nenos, sobre todo si se trata de nenos doentes ou de alto risco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel