José Ángel Docobo

A primavera chega ás 22.58 horas deste mércores 20

Durante a estación produciranse dúas choivas de estrelas (Líridas e Eta-Acuáridas, en abril e maio) e algunhas aliñacións de astros (finais de marzo)

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller presenta dúas mostras en Lalín

A vila natal do astrónomo galego acolle unha exposición sobre os 50 anos da chegada á Lúa e outra sobre os 75 do observatorio que impulsou

Así se viu o bólido que pasou sobre Galicia

O Observatorio Ramón María Aller difunde imaxes tomadas en Santander na que se amosa unha luz e unha estela de fume tras o meteoro

Confirman o paso dun bólido sobre Galicia na noite do martes

O director do Observatorio Astronómico expón que o bólido foi avistado tamén desde Santiago pouco antes das 21 horas cara ao noroeste

Chega o inverno boreal: será a noite deste venres

Unha eclipse de Lúa e a choiva das Cuadrántidas serán os acontecementos da estación máis curta do ano

Confirman o paso de dous bólidos sobre Galicia

O Observatorio Ramón María Aller, que segue buscando datos sobre o meteoro do pasado martes, achega un vídeo doutro obxecto visto o pasado día 25

“Queremos facer do Observatorio un centro de interpretación do cosmos en Galicia”

O director do Ramón María Aller da USC, José Angel Docobo fai balance no día no que o centro cumpre tres cuartos de século

Chega o outono esta fin de semana cun cometa, as Xemínidas e Mercurio

Esperan unha estación calorosa que se estrea con temperaturas por riba dos 30 graos en varios puntos de Galicia

Encontro sobre mecánica celeste en Santiago

Especialistas de varios países participan nas reunións, que se celebran no marco dos actos de 75º aniversario do observatorio Ramón María Aller

Este xoves chega o verán, que traerá unha eclipse total de Lúa

A choiva de estrelas das Perseidas apunta a un espectáculo en agosto ao coincidir coa Lúa nova

Observatorio Ramón María Aller: 75 anos mirando cara ao ceo

O proxecto impulsado polo astrónomo lalinense celebrará o aniversario con varios actos ao longo deste ano

Iván Fernández: “A figura do matemático Rodríguez debería estudarse nos colexios”

O estudoso da obra do gran científico de Lalín defende máis visibilidade para a historia da ciencia en Galicia

Localizan en Galicia os meteoritos caídos no Día das Letras de 2016

Un estudo afirma que os restos do bólido que atravesou Galicia caeron sobre Arbo e As Neves

Este venres chega o outono

Comeza unha estación na que veremos no ceo varias conxuncións planetarias

Chega o máximo das Perseidas

Haberá 100 estrelas fugaces por hora, hai que mirar cara o Leste e tamén comezar cedo para evitar a Lúa

O verán comeza ás 6.24 horas deste mércores

Unha eclipse parcial de Sol e outra de Lúa serán as protagonistas da estación xunto coa choiva de estrelas das Perseidas