Chega o inverno boreal: será a noite deste venres

Ás 23:23 horas do venres 21 dará comezo o inverno boreal, que se prolongará ata o 20 de marzo ás 22: 58 horas. A eclipse total de Lúa da madrugada do 21 de xaneiro será, sen dúbida, o fenómeno astronómico máis salientable da estación que agora comeza. O primeiro contacto coa sombra terá lugar ás 4:34 horas, e o último ás 7:50.

No hemisferio norte esta é a estación máis curta, con 88,99 días fronte aos 89,85 do outono, 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. O inicio do inverno coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose nese intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas. Porén, as tardes xa comezaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis. Isto débese a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio e non no Sol verdadeiro.

Publicidade

Gráfico da eclipse solar do día 21 de xaneiro.

Curiosidades
A Terra pasará o 3 de xaneiro polo perixeo, mínima distancia ao Sol (147.097.887 Km), e ao día seguinte terá lugar o máximo da choiva de estrelas Cuadrántidas. Así mesmo, a comezos de ano aínda vai ser visible con prismáticos o cometa 46P/Wirtanen, preto da constelación de Auriga.

Por outra banda, Mercurio vai estar en boas condicións de poder ser observado a simple vista logo do solpor a finais de febreiro, “e haberá interesantes aliñacións da Lúa con planetas nos amenceres dos primeiros días de xaneiro, febreiro e marzo”, informa o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA), José Ángel Docobo.

Publicidade

Outono chuvioso en Compostela
Segundo as medicións realizadas polo OARMA, o outono que agora remata “pode considerarse chuvioso na comarca de Compostela”, asegura Docobo, porque aínda que o inicio foi seco “como continuación dun setembro de récord”, as precipitacións iniciáronse a mediados de outubro para intensificarse ao longo de novembro e decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía