A industria 4.0 dominará o sector produtivo no futuro.

A industria 4.0 do Atlántico reunirase en Vigo en 2019

O peirao de Transatlánticos de Vigo será o escenario da primeira edición do Salón das Novas Solucións Tecnolóxicas, InnovAtlántico 4.0, os días 3 e 4 de Outubro de 2019. O salón reunirá todas as novidades relacionadas coa Industria 4.0, ou o que é o mesmo, un novo modelo industrial e empresarial cuxo eixo son os datos e o seu manexo e interacción.

A implantación de novas tecnoloxías na Industria creou un novo modelo de negocio no que os datos adquiren unha gran importancia para o negocio. A industria deu un importante paso ao alcanzar a capacidade de conectar todos os sistemas. O intercambio de información grazas a esas conexións e o seu aproveitamento polas diferentes industrias é o que chamamos Industria 4.0 ou a cuarta revolución industrial, como algúns definen.

O 15% dos empregos actuais non existirá dentro de cinco anos, pero o 30% das funcións requiridas polo mercado laboral do futuro non existe aínda

Segundo algunhas estimacións, o 15% dos empregos actuais non existirá dentro de cinco anos, pero o 30% das funcións requiridas polo mercado laboral nese futuro, tampouco existe aínda.

Salóns como o que expón InnovAtlántico 4.0 son necesarios para, por unha banda, dar a coñecer as aplicacións xa coñecidas destas novas tecnoloxías e, pola outra, facer accesibles a emprendedores e empresarios novas vías de negocio ou de apoio á produción. Neste sentido, InnovAtlántico 4.0 representará unha oportunidade tanto para as empresas que desenvolve estas innovacións tecnolóxicas, como para a que ofrecen servizos nos que se utilicen estas novas ferramentas.

Industria 4.0 para empresas e institucións públicas

Tamén será unha ocasión para que as Administracións, a industria e o coñecemento (Universidades, centros de investigación, plataformas tecnolóxicas…) intercambien experiencias e analicen tendencias.

A área expositiva complementarase con varias sesións técnicas nas que participarán expertos en diversos campos ligados á Industria 4.0 no marco do Fórum Innovatlántico.

Ademais, e relacionadas con estas tecnoloxías, foron aparecendo outras, igualmente sofisticadas pero aplicadas a campos máis recoñecibles: a medicina, a enxeñaría, a pesca e a súa industria transformadora, a industria aeroespacial, forestal, loxística ou automoción, son algúns dos sectores onde xa se deron pasos importantes na adopción do concepto industria 4.0. Pero queda moito. As impresoras 3D ou os drons, son elementos da mesma ecuación pero conceptualmente, máis alcanzables ao gran público.

Para Raquel Robledo, directora do Salón, “estas e outras tecnoloxías e as súas aplicacións son o contexto de InnovAtlántico e a base dun salón no que teñen cabida todos os sectores susceptibles de avanzar na adopción de sistemas que comparten unha mesma insignia”.

Vigo é un dos principais centros de produción do Noroeste da Península Ibérica e atópase nun lugar privilexiado de relación con Portugal e o resto do Arco Atlántico e con América. O porto foi tradicionalmente o escenario do desenvolvemento da cidade e desta vocación de relación e intercambio.

Ademais, a cidade conta cunha Universidade moi activa, que conta con prestixiosas escolas de enxeñería, tanto de Telecomunicacións como Industrial. A presenza do centro de produción de Citroën, e de centros tecnolóxicos como o CTAG /Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia); CECOPESCA (Centro Tecnolóxico da industria conserveira); CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar). Tamén acolle importantes centros de investigación, como o IEO (Instituto Español de Oceanografía) ou o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC).

Vigo foi ademais o escenario de notables iniciativas de integración, como o Clúster da Automoción, Conxemar (asociación de transformadores e comercializadores de produtos do mar), ARVI (Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo) ou o Campus do Mar.

A estes escenarios uníronse nos últimos anos iniciativas como o CINAE (Centro de Innovación Aeroespacial), así como outras empresas innovadoras vinculadas á Zona Franca, que se converteu nun activo viveiro para investigadores e emprendedores.

Neste contexto, a existencia dunha cita anual para a posta en común e a mostra de tecnoloxía e innovación pode supoñer un escenario idóneo para a xeración de negocio, para o intercambio de experiencias e para poñer en contacto aos técnicos, investigadores e investidores que se concentran nesta área ou que acudan doutras zonas de Galicia, España e Europa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.