A primavera chega ás 22.58 horas deste mércores 20

Durante a estación produciranse dúas choivas de estrelas (Líridas e Eta-Acuáridas, en abril e maio) e algunhas aliñacións de astros (finais de marzo)

A primavera no hemisferio boreal comezará o vindeiro mércores 20 ás 22.58 horas. O paso aparente do Sol polo punto Aries, un dos dous puntos de corte da eclíptica co ecuador celeste, marcará o inicio da nova estación, segundo explican desde a USC.

Como lembra o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, remata así “un inverno que na comarca de Compostela choveu por baixo da media”. Segundo os rexistros do profesor Docobo, este inverno 2018-19 é o décimo máis seco dos últimos 50 anos en Santiago de Compostela aínda que “os 347,7 litros/m2 recollidos na estación meteorolóxica do Observatorio universitario distan bastante daquel inverno de 2011-12 no que só se mediran 100,8 l/m2”. A media dos últimos 50 invernos en Compostela está en 600 l/m2.

Publicidade

En opinión do director do Observatorio Astronómico da USC, é curioso destacar que dos invernos máis chuviosos desta listaxe de 50 anos houbo catro que pasaron dos mil litros/m2, e tres deles corresponden ao século XXI, “o cal en certo modo desmitifica a crenza popular de que antes chovía mais que agora”. Concretamente, estes rexistros producíronse nos invernos de 2000-2001 (1.445,7 l/m2), 2013-2014 (1.202,7 l/m2) e 2009-2010 (1.091,7 l/m2).

Como explica José Ángel Docobo, nestes días “estamos na época do ano na que o Sol está practicamente o mesmo tempo por riba que por baixo do horizonte, saíndo exactamente polo leste e poñéndose xusto no oeste”. A nova estación prolongarase ata as 17.54 horas do 21 de xuño, o que a converte na segunda estación pola súa duración (92,75 dias) logo do verán (93,66 dias).

Publicidade

Durante o período que agora comeza produciranse dúas choivas de estrelas, as Líridas en torno ao 22 de abril e as Eta-Acuáridas no inicio de maio. Serán igualmente salientables algunhas aliñacións de astros, como a da Lúa cos planetas Mercurio, Venus, Xúpiter e Saturno nos amenceres do 30 e 31 de marzo.  Haberá que agardar ao verán para poder contemplar unha eclipse parcial de Lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos