Así se viu o bólido que pasou sobre Galicia

O Observatorio Ramón María Aller difunde imaxes tomadas en Santander na que se amosa unha luz e unha estela de fume tras o meteoro

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, por medio do seu director, José Ángel Docobo, difundiu as imaxes do meteoro que foi avistado este martes 12 de febreiro desde varias partes de Galicia. Foi sobre as 20.49 horas do serán cando un obxecto luminoso foi observado desde distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castilla y León. Así o confirma Docobo, engadindo que desde Santiago viuse en dirección noreste e “en claro sentido descendente”.

Descartada unha reentrada dun cohete ou satélite artificial, todo indica que se tratou dun bólido, é dicir, a entrada na nosa atmosfera dun meteoroide (pedra cósmica)”, explica o catedrático.

Publicidade

Ao estudar as numerosas testemuñas do suceso, que foi visto en Galicia desde lugares como Viveiro, A Coruña, Corcubión, Verín ou Catoira, “pode dicirse que o traxecto final do bólido tivo lugar por riba do Mar Cantábrico, estimándose o punto final a uns 150  Km da costa asturiana”.

Unha vez analizadas as distintas testemuñas recibidas ou ás que se puido ter acceso, “pode dicirse que o traxecto final do bólido tivo lugar por riba do Mar Cantábrico, estimándose o punto final a uns 150 quilómetros da costa asturiana”.

Publicidade

As imaxes foron gravadas en Santander por Fran Bedía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira

Bólido ou avión? O misterio do falso meteoro que cruzou o ceo da Coruña

Un artigo asinado por varios autores, entre eles o astrofísico Josep M. Trigo, introduce o termo "pseudobólidos" para englobar aqueles fenómenos que aparentan ser fragmentos de asteroides

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos