Confirman o paso dun bólido sobre Galicia na noite do martes

O director do Observatorio Astronómico expón que o bólido foi avistado tamén desde Santiago pouco antes das 21 horas cara ao noroeste

Minutos antes das 21 horas deste martes 12 de febreiro, numerosas testemuñas declararon a través das redes sociais ter visto un meteoro a atravesar o ceo de Galicia. Desde Viveiro, A Coruña, Corcubión, Verín ou Catoira, e tamén desde outros puntos do norte da Península, como Torrelavega, Gijón ou León. Entre eles, Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia da Radio Galega.

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, confirmou o paso do meteoro. “Aquí en Santiago tamén se viu cara ao noreste, en clara baixada. Ten toda a pinta de que toda a traxectoria do bólido foi xa sobre o Mar Cantábrico“, de aí se deduce o avistamento desde toda a franxa norte da península.

Publicidade

Nos últimos meses foron varios os bólidos localizados polo observatorio. Na tardiña do 30 de novembro, varias persoas fixéronse tamén eco do paso dun meteoro no noroeste da Península, aínda que as nubes impediron a súa detección desde moitos puntos de Galicia.

Neses días, o Observatorio da USC deu a coñecer a gravación doutro meteoro localizado o xoves 25 de outubro polas cámaras que o organismo ten en Santiago de Compostela. José Ángel Docobo expuxo que o obxecto pasou ao leste de Galicia, posiblemente polo norte de Castilla y León, desde o sur cara ao norte. As cámaras rexistraron o seu paso ás 19.03 do día 25.

Confirman o paso de dous bólidos sobre Galicia

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla