Martes 23 Abril 2024

Confirman o paso de dous bólidos sobre Galicia

Dous bólidos en menos dunha semana deixáronse ver sobre o ceo de Galicia. O Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela recolleu as numerosas testemuñas que afirmaron ter observado un punto brillante e verdoso no ceo sobre as 20.30 do martes 30 de novembro, sobre todo no oeste do país. O director do organismo, José Ángel Docobo, sinala que, “descartada unha reentrada dun obxecto artificial, todo indica que se tratou, en efecto, da entrada na atmosfera dunha pedra cósmica de certo tamaño”.

Ao chamamento realizado mediante GCiencia por parte do Observatorio responderon máis dunha decena de testemuñas, que contribuíron a achegar datos para localizar a traxectoria do meteoro. Con estes datos, Docobo apunta que o fenómeno puido ter lugar sobre o Océano Atlántico, “cunha traxectoria aproximadamente paralela á costa galega de Ortegal a Touriñán“.

Publicidade

As testemuñas chegaron, entre outros lugares, de Ribadeo, Matosinhos, Ponteareas, Vedra, Vigo, Pontevedra e Ribeira. Os comentarios publicados en GCiencia falaban de “unha estela verde, como a cor dunha aurora boreal; durou sobre 10 segundos e ía rumbo oeste” (Cangas); “ía do traballo cara a casa e apareceu unha estela deixando unha estela de cores entre verdes e amarelos, e despois de pasar deixou un rastro de fume” (Taboada).

A nubosidade presente na tarde do martes en Galicia dificultou a detección do bólido. De estar o ceo despexado, é posible que os avistamentos fosen máis numerosos. Así, debido ás nubes e a chuvia, as cámaras que o observatorio ten en Santiago e Lugo non puideron localizar ningún dato debido a que o ceo estaba cuberto.

Bólidos o día 25

Co gallo do avistamento do pasado martes, o Observatorio Ramón María Aller deu a coñecer tamén a gravación doutro meteoro localizado o pasado xoves 25 de outubro polas cámaras que o organismo ten en Santiago de Compostela. José Ángel Docobo expón que estas imaxes poden servir de comparación para que as testemuñas do bólido do día 30 poidan transmitir máis detalles sobre os dous fenómenos.

Neste caso, segundo o catedrático da USC, o obxecto pasou ao leste de Galicia, posiblemente polo norte de Castilla y León, desde o sur cara ao norte. As cámaras rexistran o seu paso ás 19.03 do día 25.

4 COMENTÁRIOS

  1. O martes 30 de outubro as 20:35 aproximadamente iba conducindo pola estrada nacional pontevedra_cangas direccion hacia cangas. Altura meira_moaña e mirei como unha estrela fugaz en tamaño xigante e mais lenta. Deixou unha estela azulada-branca

  2. Eu vin o do día 25 en Betanzos, sobre as 21 horas, cando estaba mirando a lúa. Dirección Sur-Leste. Desintegrouse no Leste, volvéndose de cor laranxa. Ía máis ben lento.

  3. Eu non vin ningún dos xa referidos pero si vin un na madrugada do 24, hacia as 6:10 da mañá cando conducía pola A-52 camiño de Ourense, entre Ribadavia e Barbantes. Pareceume unha estrela fugaz moi intensa dunha cor vermella/alaranxada e apareceu brevemente pola miña esquerda.

  4. Eu vino o 30/10/18 sobre as 20:30 h. dende o Val de Monterrei – Verín (Ourense), era verde e durante 2 segundos mais ou menos, baixou rapidísimo.
    Saúdos!!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización