GEAAT

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

O castro do Castelo dos Mouros, en Ons, estivo densamente poboado durante nove séculos

Unha nova campaña arqueolóxica afonda no coñecemento sobre os asentamentos na illa entre a época castrexa e a romana

Descubertos os restos dunha ocupación prehistórica de hai 5.500 anos en Ourense

A última campaña no xacemento de Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán, situado entre Oímbra e Monterrei, data o lugar a mediados do IV milenio a. C.

Descuberta unha casa castrexa na cidade romana de Armea

Durante a última campaña arqueolóxica no xacemento de Allariz atopáronse os primeiros vestixios dun poboado da Idade de Ferro

O segredo da illa de Sálvora: unha fábrica de salgadura de peixe da época romana

Un equipo da UVigo publica un estudo sobre o xacemento de Areal dos Bois, datado no século I a.C.

Un equipo da UVigo estuda a capacidade de planificación e anticipación do ‘Homo erectus’

Os arqueólogos Eduardo Méndez e Andrea Serodio participan nun proxecto internacional no xacemento de Simbiro III, en Etiopía

Un equipo da UVigo descobre un “importante xacemento romano” en Sálvora

Os investigadores realizan a primeira escavación arqueolóxica na illa e cren que o achado é unha factoría de salgadura de peixe da época

Arqueólogos galegos descobren factorías de salgadura nun xacemento marroquí

Os investigadores da UVigo participaron nunha expedición internacional onde tamén se atoparon numerosos restos materiais e unha mostra de peixe

Arqueólogos da UVigo traballan nun xacemento romano ao norte de Marrocos

A primeira escavación internacional que impulsa a institución está a estudar un relevante enclave a uns 20 quilómetros de Tánxer

Ons: un mapa das relacións comerciais da época romana

Un equipo de arqueólogos da UVigo explora na illa rastros que se remontan a idade de Ferro

Atopan unha cabeza antropomorfa do século I en Armea (Allariz)

A nova campaña de escavacións na Cibdá, cunha importante ocupación na época romana, achega novos froitos sobre a cronoloxía do enclave

O ‘rescate’ da Cibdá romana de Armea, 10 anos despois

A colaboración entre a Uvigo e o Concello de Allariz cumpre un decenio, que se conmemora cunha nova escavación e unha exposición sobre o xacemento

Unha visita virtual para achegarse á arte rupestre da comarca de Monterrei

Un equipo da UVigo crea un portal web para coñecer os achados máis relevantes de Penedo Gordo e Lobarzán, co obxectivo de minimizar o impacto nos enclaves

A ánfora romana de Cortegada foi fabricada nun taller do norte de África

Investigadores da UVigo acaban de identificar con precisión a peza, entregada ao Parque Nacional das Illas Atlánticas en 2014 por un veciño de Carril

O Cabrón de Arbo, un xacemento “fundamental” para coñecer o Plistoceno medio

Un libro recolle as investigacións neste enclave, que achega maior coñecemento sobre unha etapa aínda descoñecida na prehistoria de Galicia

Atopan na illa de Ons unha segunda factoría romana de salga

Investigadores do grupo GEAAT da UVigo atoparon tamén novos restos prerromanos asociados ao castro da illa dentro do proxecto Galtfish