Astronomía

Chega a primavera este venres ás 4.50 horas (tamén na túa casa)

A estación traerá dúas boas choivas de meteoros, unha eclipse de Lúa e a radiación ultravioleta que pode axudar a combater o coronavirus

Antonia Ferrín, a astrónoma que descubriu varias estrelas dobres

A investigadora ourensá, colaboradora de Ramón María Aller, foi a primeira muller en ler unha tese sobre astronomía en España

Detectan unha ‘segunda lúa’ orbitando a Terra dende hai 3 anos

Astrónomos atopan que o pequeno asteroide 2020 CD3 foi capturado pola gravidade do noso planeta e orbita como unha 'minilúa'

Captan un asteroide coa súa lúa a 4,3 millóns de km da Terra

Un equipo de astrónomos localizou desde o observatorio de Arecibo, en Puerto Rico, o sistema binario 2020BX12 na súa aproximación ao planeta

O colorido resultado dunha loita estelar

O telescopio ALMA, situado no deserto de Atacama, consegue captar a interacción entre unha estrela xigante que medrou ata engulir a súa veciña

A estrela de Rosalía emerxe no seu aniversario: así podes vela

O astro que leva a partir de hoxe o nome da escritora galega está na constelación de Ofiuco e pode albiscarse cuns prismáticos

O Sol, máis preto ca nunca na foto con maior resolución xamais feita

O telescopio solar da National Science Foundation (NSF) consegue recoller detalles dun tamaño de 30 quilómetros na superficie da estrela

O vídeo que cambiará a túa perspectiva sobre a rotación da Terra

Un timelapse do astrofotógrafo Aryeh Niremberg enfocado cara á Vía Láctea amosa como o planeta se move polo espazo e xira sobre si mesmo

Descobren un novo tipo de aurora boreal con forma de duna

Unha colaboración entre físicos e astrofotógrafos afeccionados consegue identificar un patrón nestes fenómenos que non se atopara anteriormente

Expectación ante o choque de dous restos de lixo espacial de 1967 e 1983

Dous obxectos que levan décadas vagando polo espazo pasarán a menos de 30 metros na noite do mércores 29, e existe posibilidade de que colisionen

Piar de luz: o fascinante fenómeno captado no ceo do norte de Galicia

Era arredor da medianoite do venres ao sábado da pasada semana cando desde o alto da Curuxeira, no municipio lucense de Muras, apareceu algo...

Este venres chega a primeira eclipse de Lúa do 2020

Será unha eclipse penumbral, na que o noso satélite natural non chega a ocultarse completamente na sombra da Terra

2019 dixo adeus con esta eclipse de anel de lume

A eclipse anular de Sol foi visible en Qatar, a India e Singapura e os astrónomos captaron o espectáculo

Chega o inverno este domingo ás 5.19 horas

O amencer seguirá a retrasarse ata o día de Reis pola diferenza entre o Sol medio e o Sol verdadeiro

Como sería a Terra se fose un satélite de Xúpiter

Este vídeo amosa o ceo terrestre co gran xigante gasoso por riba das nosas cabezas

Novo fito da astronomía: unha nave achégase máis ca nunca á coroa do Sol

A sonda Parker realiza unha viaxe sen prcedentes ata a estrela, e achega nova luz sobre os seus mecanismos en catro artigos que publica "Nature"