Luns 15 Abril 2024

Descobren un novo tipo de aurora boreal con forma de duna

Unha colaboración entre físicos e astrofotógrafos afeccionados consegue identificar un patrón nestes fenómenos que non se atopara anteriormente

Un artigo na revista AGU Advances recolle a descrición dun novo tipo de aurora polar que non se coñecía ata agora. Estas novas formas foron bautizadas como “duna“, polo seu particular patrón ondulado, que non encaixa en ningunha categoría de aurora establecida previamente. O achado foi posible grazas á colaboración entre astrofotógrafos afeccionados e astrofísicos de Finlandia.

Segundo contan os autores do artigo, o descubrimento realizaouse a partir de que en outubro de 2018, os astrofotógrafos tomaron imaxes das auroras en forma de duna en diferentes localizacións de Finlandia e Suecia ao mesmo tempo. Ao triangular as imaxes, os astrofísicos concluíron que as dunas eran un campo de ondas monocromáticas cunha lonxitude duns 45 quilómetros e que estaban nunha fina capa a uns 100 quilómetros de altura. As formas coincidían coas observadas previamente pola física Minna Palmroth, da Universidade de Helsinki, que xa vira eses patróns mentres preparaba unha guía sobre auroras boreais.

Publicidade

“Un dos momentos máis memorables da colaboración foi cando as auroras apareceron xusto nese momento, e puidemos observalas en tempo real”, di Matti Helin, un dos afeccionados á astronomía que participou no estudo. “Foi como armar un crebacabezas ou facer unha investigación de detectives; todos os días atopabamos imaxes novas e saían novas ideas”.

Crese que a orixe destas auroras en forma de duna é un exemplo do que se chama “burato mesosférico“, que xorde cando as ondas de átomos de osíxeno da atmosfera son excitadas por interaccións co vento solar, producindo o brillo en forma de duna.

Volverán as auroras boreais a Galicia?

Segundo salientan no artigo os autores, o traballo “súmase ao crecente corpo de traballo que ilustra o valor das imaxes que achegan os cidadáns para analizar cuantitativamente os fenómenos ópticos”. Engaden que este tipo de achados serve “para crear un interese xeral cara á física, salientando que os propios cidadáns poden participar no traballo científico axudando a descubrir novos fenómenos”.


Referencia: Citizen Scientists Discover a New Auroral Form: Dunes Provide Insight Into the Upper Atmosphere (Publicado en AGU Advances).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que especies de animais e plantas hai no teu concello? Compróbao neste aplicación

Natusfera é unha plataforma gratuíta de ciencia cidadá para rexistrar, organizar e compartir observacións da natureza

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos