2019 dixo adeus con esta eclipse de anel de lume

A eclipse anular de Sol foi visible en Qatar, a India e Singapura e os astrónomos captaron o espectáculo

Moitos din que foi a derradeira eclipse da década, pero a década non vai rematar ata o 31 de decembro de 2020. E quedan varios fenómenos similares ata chegar alí. Pero si foi todo un espectáculo para os afortunados que puideron gozar este 26 de decembro da eclipse anular de Sol, visible en Qatar, Omán, a India e Singapura.

As eclipses anulares acontecen cando a Lúa non está dabondo preto da Terra como para escurecer completamente o sol, deixando visible un delgado anel do disco solar. Aínda que estes tipos de eclipses acontecen cada ano ou dous, só son visibles desde unha banda estreita da Terra cada vez e poden pasar décadas antes de que se repita o mesmo patrón.

Publicidade

Dependendo das condicións climáticas, o fenómeno astronómico deste ano fíxose visible desde o Medio Oriente a través do sur da India e de Asia antes de rematar no Pacífico norte.

A eclipse anular foi captada por moitos astrónomos afeccioados ao longo do mundo.

A vindeira eclipse será en xuño de 2020 e será visible para unha banda estreita desde África ata o norte de Asia. O seguinte, en xuño de 2021, só vai poder verse no Ártico e partes de Canadá, Groenlandia e as zonas orientais de Rusia.

Publicidade

A razón pola que vemos este ‘anel de lume’ débese á distancia do pequeno satélite do noso planeta. A Lúa está actualmente máis preto do seu apoxeo (o que significa que está máis lonxe da Terra), o que fai que pareza un 3 por cento máis pequena que o Sol cando se ve desde a Terra. Podes ver como se ve unha eclipse anular nesta espectacular foto satelital capturada pola NASA en xaneiro de 2011.

Eclipse anular fotografada pola NASA no 2011.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns