‘Sentidiño’, elixida Palabra Galega do Ano 2019

O termo acadou o 51 por cento dos votos no certame que organiza o Portal das Palabras da Real Academia Galega

“Despedímonos deste 2019 con moito sentidiño!”, proclamou o Portal das Palabras tras facer pública á gañadora do certame da palabra galega do ano.  “Este xeito tan de noso de denominar o sentido común é o termo máis votado dos seis finalistas. Acaparou nada menos que o 51% dos votos, quizais porque designa un antídoto ben eficaz para moitas das preocupacións sociais que adoitades reflectir nesta iniciativa coa que queremos salientar a conexión da lingua coa realidade cambiante que nos rodea”, din dende a Real Academia Galega.

Feminicidio foi a segunda palabra máis votada —con case o 20% dos votos— nun ano no que as rúas volveron encherse de voces contra a violencia de xénero e narcosubmarino, apenas semanas despois de irromper na linguaxe cotiá de Galicia, acadou o terceiro posto co 15% dos votos.

Publicidade

Seguíronlles, por esta orde, quecemento globalecocidio e negación, os outros termos que foron finalistas tras unha recollida de propostas entre o público, que deixou un regueiro de suxestións nas que a reivindicación da igualdade de xénero e da xestión sostible dos recursos naturais compartiu protagonismo coa actualidade política local e global.

Sentidiño é, polo tanto, a sexta Palabra do Ano, digna sucesora de deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —no ano do centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado/a (2015) e corrupción (2014). “Cadaquén terá as súas razóns para amala, ou mesmo para retorcer o fociño ante a vontade popular que a fixo triunfadora, pero como o noso é a lingua preferimos afondar nas explicacións filolóxicas”, conclúen co bo humor dende o Portal das Palabras, impulsor desta iniciativa.

Publicidade

1 comentario

  1. Nunca me gustou, pois penso que non pasa de diminutivo cariñoso (ou aumentativo!) do xenuíno “sentido”, que os medios de comunicación máis rexionalistas puxeron de moda. Ten algo de expresión ordinaria que non a fai palabra seria. Tamén me lembra a un meniño ou persoa que sinte moito as cousas, mimoso ou hipersensible. “Senso” ou “bo senso” son os meus substitutos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Benvida ás candorcas

Hai dúas normas principais: non atacar e conservar a estes cetáceos son medidas fundamentais para mellorar a súa supervivencia. Por Andrea Veiga

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

A poboación de píllara das dunas mostra unha tendencia positiva e acada a cifra máis alta dende 2014

A Consellería de Medio Ambiente contabiliza 93 parellas reprodutoras da especie vulnerable en 25 praias galegas