Nos ceos sobre a Terra hai unha segunda lúa. Os astrónomos do Catalina Sky Survey descubriron o que podería ser un novo amigo celeste: un asteroide capturado temporalmente pola gravidade do noso planeta, o que chamamos unha ‘minilúa‘.
O obxecto astronómico foi bautizado como 2020 CD3. É un pequeno anaco de rocha carbonosa de entre 1,9 e 3,5 metros de diámetro. E o sorprendente é que a súa traxectoria indica que leva en órbita da Terra durante uns tres anos.
A veciñanza próxima á Terra é un lugar relativamente concorrido, con asteroides que pasan rapidamente. Os números precisos, con todo, non están claros; unhas estimacións apuntan a varios millóns, pero ata o de agora o número descuberto e identificado é só de 22.211 .
Isto débese a que os asteroides son realmente pequenos, non sabemos onde están (polo que non sabemos onde mirar) e, polo xeral, non reflicten moita luz solar.
BIG NEWS (thread 1/3). Earth has a new temporarily captured object/Possible mini-moon called 2020 CD3. On the night of Feb. 15, my Catalina Sky Survey teammate Teddy Pruyne and I found a 20th magnitude object. Here are the discovery images. pic.twitter.com/zLkXyGAkZl
— Kacper Wierzchos (@WierzchosKacper) February 26, 2020
Sería doado pensar que, con tantas rochas circulando arredor do noso planeta, a gravidade da Terra tería que arrastralas todo o tempo. Pero non acontece así. A meirande parte deles experimentan a influencia terrestre, pero non adoitan quedar atrapados nela para se converter en ‘minilúas‘.
Moitas destas rochas espaciais capturadas brevemente diríxense directamente á atmosfera, onde se queiman para ser espectaculares bólas de lume. A probabilidade de capturar estas ‘minilúas’ é moi baixa. Unha simulación por supercomputadora realizada no 2012 que incluía 10 millóns de asteroides virtuais revelou que só 18.000 serían capturados na órbita da Terra. O maior problema é que son moi difíciles de detectar.
Ata o de agora só tiña sido detectada unha ‘minilúa’ con anterioridade: un asteroide chamado 2006 RH 120 que orbitou a Terra durante aproximadamente un ano entre 2006 e 2007. Outra potencial ‘minilúa’, 469219 Kamoʻoalewa, resultou estar en órbita arredor do Sol, aínda que preto da Terra.
Here’s an animated GIF of our new mini-moon 2020 CD3, discovered by @WierzchosKacper. Rotating frame keeps the Earth/Sun line stationary. Orbital elements courtesy of IUA MPEC. https://t.co/dok3jn3G9hhttps://t.co/x1DXWLq2vm pic.twitter.com/O3eRaOIYjB
— Tony Dunn (@tony873004) February 26, 2020
Así que 2020 CD3 é unha gran nova. Que ademais permitiría abaratar as misións para que unha nave espacial se achegue a este corpo celeste, cuxa localización sería máis doada.
Pero é probable que xa sexa demasiado tarde para 2020 CD3. Porque, lamentablemente, segundo unha simulación orbital, o noso pequeno amigo sairá da órbita da Terra en abril de 2020. Con todo, é posible que a simulación sexa incorrecta, polo que a observación está en curso.
De calquera xeito, 2020 CD3 vai permitirnos aprender máis sobre como estes obxectos son capturados pola Terra e como podemos buscalos mellor no futuro.