O Sol, máis preto ca nunca na foto con maior resolución xamais feita

O telescopio solar da National Science Foundation (NSF) consegue recoller detalles dun tamaño de 30 quilómetros na superficie da estrela

A exploración solar vive nestas últimas semanas unha sucesión de acontecementos ilusionantes para o mellor coñecemento da nosa estrela. Ademais do lanzamento da misión Solar Orbiter, previsto para o 8 de febreiro, unha imaxe percorre o planeta debido a que se trata da fotografía de maior resolución xamais feita no Sol.

Foi grazas ao telescopio solar Daniel K. Inouye, que desde a illa de Hawai conseguiu obter unha fotografía tomada a 789 nanómetros coas que se albiscan detalles de ata 30 quilómetros de tamaño no Sol, algo sen precedentes nun astro que está a máis de 150 millóns de quilómetros do dispositivo que as recolleu. Esta resolución é tres veces maior que calquera imaxe tomada anteriormente.

Publicidade

Representación da gran resolución acadada polo telescopio Inouye. Fonte: National Science Foundation.
Representación da gran resolución acadada polo telescopio Inouye. Fonte: National Science Foundation.

Os avances que acadará o telescopio Inouye nos vindeiros anos tampouco teñen precedentes. Segundo informou a National Science Foundation nun comunicado, “recollerá máis información sobre o Sol nos primeiros cinco anos da súa vida que todos os datos solares recollidos desde que Galileo apuntou por primeira vez cun telescopio cara ao Sol en 1612″.

A imaxe amosa un patrón de gas turbulento, como fervendo, que cobre a superficie solar. Cada unha das estruturas que se distinguen, e que se distribúen como unha rede de células, ten un tamaño parecido ao de Texas (695.662 km2, fronte aos 582.000 da península ibérica). Estas células son o sinal dos movementos violentos que transportan a calor desde o cerne do Sol ata a superficie.

Publicidade

O material solar máis quente, o plasma, elévase no centro das células, arrefría e logo afúndese baixo a superficie a través duns bordos máis escuros, nun proceso coñecido como convección. Nestes bordos tamén se albiscan os pequenos e brillantes marcadores dos campos magnéticos.

Nesta ligazón podes descargar a imaxe en maior resolución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns