Un novo test sanguíneo detecta o cancro de forma temperá grazas á aprendizaxe automática

Esta biopsia líquida consegue analizar cambios químicos en anacos de ADN no sangue para localizar e detectar tumores de fígado, colon, estómago e pulmón en fase inicial

No sangue hai rastros que, cunha interpretación axeitada, poden adiantar de forma moi temperá a aparición de cancros. Esa é a base sobre a que un grupo de investigación da Universidade de California en Los Ángeles acaba de desenvolver un novo test sanguíneo co que detectar e ubicar cancros de cólon, de fígado, de pulmón e de estómago antes de que sexan letais. O principal obxectivo deste grupo de científicos é conseguir previr as metástases e, polo de agora, semella que van no camiño certo.

Este tipo de biopsias líquidas son un método vangardista dentro do eido da detección de cancros, aínda que, polo de agora, cunha escasa aplicación práctica nos centros sanitarios. Segundo o artigo publicado esta semana na revista Nature Communications, un dos principais problemas para esta limitación de uso destas probas é que unha mesma proba apenas pode detectar de forma paralela varias mutacións no ADN desas células tumorales.

Publicidade

Por iso, este novo traballo de investigación pode mudar os marcos de aplicación dos testes sanguíneos, xa que conleva un custo moito menor que outras biopsias líquidas comparables. Ademais, como explican nas conclusións do paper, acadaron unha alta fiabilidade. Baséase na secuenciación rendible do metiloma do ADN. É dicir, o proceso químico polo que se introducen un ou máis radicales de metilo no ADN coa fin de controlar a expresión dos xenes.

Resultados do primeiro estudo en pacientes

Os investigadores aplicaron o seu test a 408 pacientes con cancro de colon, fígado, pulmón e estómago, con una especificidade (capacidade de distinción do cancro do que non o é) do 97,9 %. Acadaron unha sensibilidade do 80,7 % e o 74,5 % para detectar cancro en tódalas etapas e cunha precisión do 89,1 %. Tamén lograron unha capacidade do 85,0 % para localizar texido de orixe del cancro en tódalas etapas. “O noso enfoque retén de maneira rendible os perfís de metiloma das anomalías do cancro, o que nos permite aprender novas características e expandirnos a outros tipos de cancro a medida que crecen as cohortes de capacitación”, argumentan no artigo de Nature.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás