Unha análise de sangue alerta do cancro catro anos antes

Unha nova proba permite anticiparse na diagnose dos tumores en cinco cancros comúns: estómago, esófago, colorrectal, pulmón ou fígado

Anticiparse é clave ante o cancro. Cando se detecta en etapas temperás, nove de cada dez persoas superan a doenza. Pero, se a diagnose chega nun momento avanzado, a estatística baixa claramente ata unha persoa de cada catro. Así que moitos equipos científicos ao longo do mundo están na carreira por detectar o cancro coa maior anticipación posible.

E chegan boas novas. Porque a revista Nature Communications publicou este martes o desenvolvemento dun test sanguíneo non invasivo que podería utilizarse para a detección en fase inicial de cinco tipos comúns de cancro –estómago, esófago, colorrectal, pulmón ou fígado– e ata catro anos antes do diagnóstico convencional.

Publicidade

O novo estudo está liderado por expertos da Universidade de California en San Diego (Estados Unidos), e describe unha proba de detección do cancro no sangue – PanSeer– que examina as firmas de metilación específicas do tumor.

Os autores, con Kun Zhang á cabeza, realizaron unha análise de mostras de plasma obtidas de 605 individuos asintomáticos, 191 dos cales foron diagnosticados posteriormente con cancro. Ademais, fixeron un perfil das mostras doutros 223 pacientes de cancro diagnosticados, así como de 200 mostras de tumores primarios e de tecidos normais.

Publicidade

Segundo a investigación, a proba pode detectar con alta especificidade cinco tipos comúns de cancro (estómago, esófago, colorrectal, pulmón ou fígado) en pacientes que xa foran diagnosticados, así como en individuos asintomáticos ata catro anos antes do diagnóstico convencional.

“A principal novidade deste traballo reside na demostración de como os sinais do cancro no sangue poden ser detectadas de 1 a 4 anos antes de que eses pacientes sexan diagnosticados por primeira vez nos hospitais”, explicou á axencia SINC o doutor Zhang.

Limitacións da proba

Os autores quixeron deixar claro as limitacións deste estudo: “É pouco probable que o ensaio PanSeer prognostique aos pacientes que desenvolverán cancro no futuro. En cambio, o máis probable é que identifique a aqueles que xa teñen crecemento tumoral pero que continúan asintomáticos polos métodos de detección actuais”.

Por iso, insisten na necesidade de máis estudos lonxitudinais a gran escala para confirmar o potencial da proba na detección precoz do cancro. “Probas de detección temperá como esta aumentarían enormemente a taxa de éxito na curación do cancro nas primeiras etapas a través da extirpación cirúrxica dos tumores”, conclúe Zhang.

Aquí podes consultar o estudo publicado en Nature Communications

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade