Caamaño: “A máscara visibiliza a pandemia e axuda a controlala’

O epidemiólogo e profesor da USC, Francisco Caamaño Isorna, analiza os riscos dos novos rebrotes así como as medidas máis eficientes para contelos

“Necesitamos manternos alerta, manter a tensión”, afirma o profesor da USC e epidemiólogo, Francisco Caamaño Isorna. Na situación actual marcada por numerosos rebrotes da COVID-19 que se espallan non só por Galicia, senón por todo o territorio español, a máscara facial eríxese nunha ferramenta chave para conter o avance da pandemia e non dar pasos atrás na situación de ‘nova normalidade’. “A utilización da máscara en todas as situacións, na medida en que visibiliza a pandemia, axuda a controlala”, afirma Caamaño Isorna.

Locais de ocio

Sacar a máscara facial só no intre mesmo de consumir é unha das novidades que acaba de incorporarse á vida cotiá na comunidade galega. “Debemos sacala puntualmente para consumir, pero mantela posta mentres charlamos ou participamos da conversación”, matiza Caamaño, “é fundamental que cambiemos o noso xeito de relacionarmos, non se nos pide nada imposible”, continúa. Para este profesor da USC, “o determinante é a actitude social” e subliña o importante que resulta reparar no ocio nocturno. “Hai un problema grave co ocio nocturno, tendo a crer que é incompatible coa situación epidemiolóxica actual”, explica.

Publicidade

O epidemiólogo da USC Francisco Caamaño Isorna.

Praias

A obrigatoriedade do uso da máscara facial nos areais, podendo só prescindir dela á hora de tomar o sol ou no intre mesmo do baño, é outra das máis recentes novidades en Galicia. “Cando esteamos deitados na area co noso grupo de convivintes debemos manternos a dous metros de outros grupos. Sempre que paseemos ou recibamos a alguén no noso grupo debemos poñer a máscara”, sinala Caamaño. O profesor da USC destaca que “debemos procurar minimizar o contacto estreito con non convivintes, como en calquera outra situación nesta nova normalidade”.

Transmisión

Nas últimas semanas, diversos especialistas apuntan cara a unha posible transmisión do virus polo aire. “É unha cuestión semántica. A principal vía de transmisión son as gotas, pode haber unha transmisión por aire oportunista ou por aerosois en contextos moi específicos”, matiza Caamaño. “O problema é que se falamos de transmisión por aire a maior parte da xente pensará na tuberculose, o sarampelo ou a varicela e a transmisión da Covid-19 esta moi lonxe dese mecanismo”, engade. “Probablemente en Galicia neste momento non hai transmisión comunitaria. En calquera caso, debemos estar alerta xa que a situación pode cambiar en calquera momento”, conclúe o epidemiólogo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia